Lavr Kornilov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m *deterioro->deterioración
Liña 8:
Serviu como agregado militar na [[China]] durante [[1907]]-[[1911|11]] e en calidade de Comandante Xeneral dirixiu a división de infantería ó comezo da [[Primeira Guerra Mundial]], pero en abril de [[1915]] foi capturado polos [[Austria|austríacos]]. Fuxindo en [[1916]], foille concedido o mando do Distrito Militar de [[Petrogrado]] e en xullo de [[1917]] foi nomeado [[Comandante en Xefe]] das forzas armadas do goberno provisional.
 
O Xeneral Kornilov decidiu intervir na caótica situación de [[Rusia]] porque, ó igual que a clase media da época, cría que oa constante deteriorodeterioración da nación a convertería nunha [[anarquía]] e que unha derrota militar sería desastrosa para o orgullo e honra rusos. ''[[Lenin]] e os seus espías alemáns'' -dixo Kornilov- ''deben ser executados, os [[soviet|soviéticos]] erradicados, a disciplina militar restaurada e o goberno provisional reestruturado''.
 
En agosto de 1917 Kornilov realizou un chamamento a todos os rusos para “salvar as súas terras” e ordenou ás súas tropas avanzar cara Petrogrado. Incerto no número de tropas inimigas, Kerenskii (Líder do Goberno Provisional) viuse obrigado a pedir axuda de todas partes, incluíndo a [[Garda Vermella]] bolxevique.