Pináceas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
:''Véxase [[Pinidae]] para unha introdución a estes grupos
 
As '''pináceas''' (nome científico '''Pinaceae'''), son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de coníferas da [[orde (bioloxía)|Ordeorde]] '''Pinales'''. Posúen canles de resina na madeira e nas follas, as súas follas son lineais ou como agullas en xeral, monoicos, os conos con complexos dispostos en espiral e aplanados e como brácteas, as brácteas libres da escama, dous óvulos invertidos, e sementes cunha á longa terminal.
 
É un grupo de plantas que se consideran pulmóns das cidades pola gran cantidade de osíxeno que producen. Teñen ademais unha grande importancia económica; moitas especies teñen boa madeira, empregada en carpintaría, construción etc, tamén para a fabricación de papel, ou coma fonte de resinas, [[verniz|vernices]], encolantes etc. As sementes dalgúns xéneros, como os [[piñeiro]]s son comestíbeis ([[piñón (semente)|piñóns]]). Moitas especies son [[Planta ornamental|ornamentais]]. Ocupan estensas zonas do planeta, especialmente de climas fríos e temperados.
Liña 38:
:''Introdución teórica en [[Terminoloxía descritiva das plantas]]
 
Árbores (ocasionalmente arbustos), moitas veces que emiten cheiros fortes da casca ou as follas, con canles de resina presentes na madeira e nas follas. Pólas verticiladas ou opostas (raramente alternadas). Follas simples, lineais ou como agullas (raramente delgadamete aovadas), dispostas en espiral pero moitas veces semellando dísticas por torcedura da base da folla levando a maioría das follas a aparecer nun plano, agrupadas ou en fascículos en grupos de 2 a 5 en ''[[Pinus]]'', sésiles ou con pecíolo curto, en pólas longas ou densamente agrupadas en curtas pólas, persistentes (deciduas en ''[[Larix]]'' e ''[[Pseudolarix]]''). Monoicos. Estróbilos de microsporanxios con microsporofilos dispostos en espiral, bilateralmente simétricos, microsporanxios 2 na superficie abaxial do microsporofilo, grans de pole con 2 "sacca" (ausentes en ''Larix'', ''[[Pseudotsuga]]'' e todas as especies de ''[[Tsuga]]'' menos 2). Conos con complexos dispostos en espiral, aplanados e como brácteas, escamas persistentes (deciduas en ''[[Abies]], [[Cedrus]]'', e ''[[Pseudolarix]]''), brácteas libres da escama, desde máis longas que a escama até moito máis curtas ca esta, madurecendo en 2 (raramente 3) anos, 2 óvulos, invertidos (ao micropilamicrópilo dirixidadirixido cara oao eixo do cono), na superficie adaxial da escama do cono, non agrupados. Sementes cunha á terminal longa derivada do tecido da escama do cono (á reducida ou ausente nalgunhas especies de ''Pinus''), embrión dereito, cotiledóns de 2 a 18.
 
== Ecoloxía ==