Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
En [[bioloxía do desenvolvemento]], a '''diferenciación celular''' é o proceso polo cal unha [[célula (bioloxía)|célula]] menos especializada se converte noutro tipo celular máis especializado. A diferenciación ocorre numerosas veces durante o desenvolvemento dun [[organismo pluricelular]], xa que o organismo cambia desde un simple [[cigoto]] inicial a un sistema complexo de distintos [[Tecido (bioloxía)|tecidos]] e moitos tipos celulares, e a diferenciación continúa na vida adulta porque as [[célula nai do adulto|células nais do adulto]] se dividen e orixinan células fillas completamente diferenciadas durante a reparación dos tecidos ou a renovación normal das células. A diferenciación pode cambiar drasticamente o tamaño dunha célula, a súa forma, [[potencial de membrana]], [[metabolismo|actividade metabólica]], e capacidade de resposta a sinais. Estes cambios débense en grande medida a modificacións na [[expresión xénica]] que están moi controladas. Con poucas excepcións, a diferenciaciónn celular case nunca implica un cambio nas secuencias de [[ADN]] da célula. Deste modo, diferentes células poden adquirir características físicas e capacidades moi distintas a pesar de que todas teñen o mesmo [[xenoma]].
 
A capacidade de diferenciación dunha célula en tipos distitos varía dependendo da clase de célula, e as de maior capacidade son as chamadas totipotentes e pluripotentes. Unha célula que pode diferenciarse en todos os tipos celulares dun organismo adulto denomínase ''[[pluripotente]]''. Ditas células denomínanse [[célula nai embrional|células nais embrionarias]] nos animais e [[meristemomeristema|células meristemáticas]] nas plantas superiores. Unha célula que pode diferenciarse en todo tipo de células, incluíndo as do tecido [[placenta]]rio, denomínase ''[[totipotente]]''. Nos mamíferos só o cigoto e os primeiros [[blastómero]]s formados a partir del son totipotentes, mentres que nas plantas moitas células diferenciadas poden facerse totipotentes utilizando técnicas simples de laboratorio. En [[citopatoloxía]], o nivel de diferenciación celular utilízase como unha medida da progresión do [[cancro]]. O ''grao'' dun tumor é un marcador da diferenciación que presenta unha célula tumoral.<ref>{{cite web|title=NCI Dictionary of Cancer Terms|url=http://www.cancer.gov/dictionary?CdrID=46445|publisher=National Cancer Institute|accessdate=1 November 2013}}</ref>
 
== Tipos de células de mamíferos e desenvolvemento ==