Usuario:Piquito/Artigos en progreso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 172:
==== Anos da posguerra ====
[[Ficheiro:RVWstatuehead.jpg|miniatura|Ralph Vaughan Williams, un crítico agradecido das primeiras composicións de Jane Joseph.]]
En 1919, buscando consolidar a súa carreira musical, Joseph uniuse á [[Society of Women Musicians]] (SWM), fundada en 1911 pola violinista e musicóloga [[Marion Scott (musicóloga)|Marion Scott]] e outras para promocionar o interese da mulleres na música.<ref name= G40>Gibbs 2000, p. 40</ref> Scott coñecera a Joseph, sendo [[concertino]] da orquestra de Morley.<ref>{{cite web|title= Scott, Marion|url= http://www.oxfordmusiconline.com/subscriber/article/grove/music/25254?q=Marion+Scott&search=quick&pos=1&_start=1#firsthit|publisher= Grove Music Online|accessdate= 4 May 2013}} {{subscription}}</ref> Joseph converteuse en membro do Comité Seccional de Compositoras da SWM, e ocasionalmente daba conferencias á sociedade sobre temas como "The Necessity of Practical Experience for Composers" ("A necesidade da experiencia práctica para as compositoras"), e "The Composer as Pupil" (""A compositora como alumna").<ref name= G40/> No verán de 1919 recibiu clases de dirección da man de [[Adrian Boult]], ao que describiu como "o home máis efectivo que nunca coñecín".<ref name= G38>Gibbs 2000, pp. 38–39</ref> O propósito das clases era o de poder dirixir a súa obra orquestral ''Bergamask'', que foi interpretada no [[London Coliseum|Coliseum Theatre]] baixo un esquema ideado por [[Sir Oswald Stoll]] para amosar a nova música británica. Nese verán coñeceu a [[Ralph Vaughan Williams]], un amigo cercanopróximo de Holst. Joseph tocou para el algo da súa música, provablementeprobablemente unha redución para piano de ''Bergamask'', e describiuno como "un crítico moi agradecido".<ref name= G38/>
 
Cara a finais de 1918 Holst pedíralle a Joseph que lle proporcionara un libreto para a súa ópera ''The Perfect Fool'', considerando que ela podía dar o toque de luz requeridarequirida que el cría que non tiña a súa propia escritura. Non está claro se ela non aceptou, ou se Holst cambiou de idea, mais finalmente foi o propio compositor quen escribiu o texto.<ref>Short, p. 177</ref> Con todo, Joseph escribiu a historia para un ballet baseado na música de Holst ''The Sneezing Charm''; o ballet, titulado ''A Magic Hour'', foi representado en Morley en outubro de 1920.<ref name= G36/> Mentres tanto, as obras de Joseph foron interpretadas nos concertos da SWM: dúas cancións, probablemente do seu ciclo ''Mirage'', en xaneiro de 1920, e algúns dos seus arranxos dos poemas de [[Walter de la Mare]] en decembro.<ref name= G40/>
 
En Eothen, Joseph seguiu a supervisar a educación musical de Imogen Holst, aspectos que anteriormente causaran certa preocupación en Holst. Nunha carta á súa muller datada en febreiro de 1919, escrita cando el estaba traballando como organizador musical do [[YMCA]] para as tropas británicas destinadas no Mediterráneo oriental, Holst comunicou que "recibín unha carta moi amable e sabia de Jane sobre Imogen".<ref name= IH9/> Calquera que foran os problemas que preocupaban a Holst resolvéronse satisfactoriamente, e Joseph converteuse na profesora de teoría de Imogen: "A teoría con Jane é "estupenda", entusiasmábase a xove alumna.<ref>Grogan (ed.), p. 12</ref> No verán de 1920, coa axuda de Joseph, Imogen ideou e compuxo a ''Dance of Nymphs and Shepherds'' que foi interpretada na escola o 9 de xullo.<ref>Grogan (ed.), p. 15</ref> A principios de 1921 Imogen comezou no SPGS; antes de convertirse en residente da Bute House (unha das residencias para estudantes da escola), quedou na casa da familia de Joseph.<ref>Grogan (ed.), p. 18</ref>
Liña 180:
Os festivais de Whitsun, suspendidos durante a ausencia de Holst, reanudáronse en Dulwich en 1920. A contribución de Joseph a este evento non está rexistrada, mais realizou unha importante contribución para os festivais dos anos seguintes, que comezou ao lado do Támesis en [[Isleworth]] e concluíu o luns de Pentecoste no SPGS nos xardíns de Bute House.<ref>Gibbs 2000, p. 91</ref> Para as celebracións do luns Jane ideou unha representación da [[semi-ópera]] de [[Henry Purcell|Purcell]] de 1690, ''[[Dioclesian]]''. Nun escrito con motivoda morte de Joseph, Holst lembrou que ela tecera a música de Purcell e o texto [[Thomas Betterton]], ambos abandonados durante moito tempo, "nun precioso espectáculo ao aire libre baseado nun conto de fadas, coa princesa perdida, dragón e heroe principesco".<ref name= MMR/> Non satisfeita con planear todos os aspectos da representación ao aire libre, Joseph preparou versións do entretemento no interior, se o tempo o requería. A produción foi un gran éxito, e foi repetida ese verán en [[Hyde Park, Londres|Hyde Park]] e, en outubro de 1921, no teatro [[The Old Vic|Old Vic]].<ref>Short, p. 198</ref> Ao longo desta considerable tarefa organizativa, Holst escribiu:<ref name= MMR/>
 
{{Cita centrada|Jane deu o mínimo de preocupación a cada personapersoa afectada ao tempo que deu o máximo de si mesma, traballando duro e prevendo.}}
 
==== Cumio da súa carreira ====