Diferenzas entre revisións de «Eugène Delacroix»

(poño modelo pintor)
En [[1822]], Delacroix expón, por primeira vez, ''Dante e Virxilio nos infernos'', unha obra chea de forza, dunha composición ambiciosa e cores moi traballadas: a luz deslízase sobre as musculaturas inchadas, un incendio consome unha cidade (en segundo plano), as capas ondean ao vento. A fantasía, o macabro e o erotismo mistúranse. Dous anos máis tarde pinta ''As matanzas de Quíos'', unha obra enérxica e cun colorido moito máis vivo. Ambos cadros concretizan a súa ambivalencia interior que se debate entre o [[romanticismo]] e o [[clasicismo]], entre deseño e cor, polémica interna que o acompañará durante toda a súa vida.
 
En [[1827]] expón ''A morte de Sardanápalo'', un cadro no que fai gala dunha das súas máis espléndidas combinacións de cor, e cun trazado cheo de vigor, tras un esbozo ao temple fixo unha serie de estudos parciais ao [[pastel]] e, despois, ao natural. O cadro foi vendido en [[1847]] a M. Wilson, que o instala no seu castelo de Brie, o que provocou ununha grave deteriorodeterioración do cadro, e unha difícil restauración.
 
== Véxase tamén ==
291.065

edicións