Unión de extremos mediada por microhomoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
A '''unión de extremos mediada por microhomoloxía''' ou '''MMEJ''' (do inglés ''microhomology-mediated end joining''), tamén chamada unión de extremos non homólogos alternativa (Alt-NHEJ) é unha das vías de [[reparación do ADN]] utilizada para reparar [[rotura de dobre febra|roturas de dobre febra]] no ADN. Segundo McVey e Lee,<ref name="pmid18809224">{{cite journal |vauthors=McVey M, Lee SE |title=MMEJ repair of double-strand breaks (director's cut): deleted sequences and alternative endings |journal=Trends Genet. |volume=24 |issue=11 |pages=529–38 |year=2008 |pmid=18809224 |doi=10.1016/j.tig.2008.08.007 |url=}}</ref> a propiedade máis distintiva do MMEJ é o uso de secuencias microhomólogas de 5 a 25 [[par de bases|pares de bases]] durante o aliñamento dos extremos rotos antes de unilos, o que ten como resultado [[deleción]]s que flanquean a rotura orixinal. Deste xeito, a MMEJ asóciase frecuentemente con anormalidades cromosómicas como delecións, [[trnslocacióntranslocación cromosómica|translocacións]], [[inversión (cromosómica)|inversións]] e outros rearranxos complexos.
 
Outros dous mecanismos ben coñecidos para reparar roturas de dobre febra son a [[unión de extremos non homólogos]] e a [[recombinación homóloga]], que non utilizan este tipo de secuencias microhomólogas para aliñar e despois unir as febras rotas. A MMEJ usa mecanismos de reparación independentes da [[DNA-PKcs|DNA-PK]] e a proteína [[Ku (proteína)|Ku]] e, e a reparación ocorre durante a [[interfase|fase S]] do [[ciclo celular]], a diferenza de producirse na fase fase G0/G1 e inicio da fse S coma na [[NHEJ]] e ao finl da fase S e G2 como na recombinación homóloga.