Protóstomos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 56:
Os '''protóstomos''' ou '''protostomados''' ('''Protostomia''', [[Lingua grega|en grego]] "primeira boca") son unha agrupación de [[Filo (bioloxía)|Superfilos]] do [[Reino (bioloxía)|Reino]] [[Animal]]. Xunto cos [[deuteróstomos]], forman as dúas grandes ramas en que se dividen os Bilaterais ([[Bilateria]]). A separación destas dúas liñas evolutivas fundamentais é ancestral; durante a [[explosión cámbrica]] (hai uns 540 millóns de anos) aparecen xa [[filo]]s protóstomos e deuteróstomos diferenciados.
 
A diferenza fundamental entre ambos radica na orixe embrionaria da [[boca]]. Nos protóstomos, a boca do adulto deriva do [[blastoporoblastóporo]] embrionario (de aí provén o nome do grupo), mentres que nos deuteróstomos é de neoformación.
 
== Características ==
* O blastoporoblastóporo embrionario orixina a boca do adulto, e xeralmente tamén o [[Ano (anatomía)|ano]]. O blastoporoblastóporo alóngase, logo os labios se aproximan e sóldase a zona central da abertura deixando un orificio en cada extremo, que corresponden á boca e o ano. Polo tanto, o [[arquénteron]] (cavidade dixestiva embrionaria) deixa de ser un saco cego e se transforma nun tubo con entrada e saída.
* Segmentación espiral: a segmentación do ovo é moi característica. Os planos de segmentación son oblicuos en relación ao eixe do ovo; os blastómeros fillos colócanse entre os blastómeros pais e quedan dispostos en capas horizontais, cos blastómeros en posición alternada, polo que se dispoñen en espiral.
[[Ficheiro:Protovsdeuterostomes.svg|miniatura|esquerda|200px| Comparación entre os Protóstomos e deuteróstomos {{en }} ]]
Liña 65:
* [[Sistema nervioso]] [[hiponeuro]]: é un sistema nervioso formado por ganglios cerebrais e cordóns nerviosos ventrais. Os ganglios que forman o [[cerebro]] sitúanse arredor do esófago, con conectivos periesofáxicos que os unen ás cadeas nerviosas que percorren ventralmente o corpo do animal, en posición inferior respecto ao [[tubo dixestivo]].
* Formación do [[celoma]] por [[esquizocelia]]: o [[mesoderma]] (e o consiguiente celoma), fórmase por proliferación dos [[blastómero]]s situados no punto de confluencia do [[ectoderma]] e o [[endoderma]], en moitos casos do blastómero 4d.
* O celoma forma un par de sacos arredor deldo tubo dixestivo que con frecuencia se [[metámero|metameriza]].
* Larva [[trocófora]]: moitos filos protóstomos presentan unha larva de tipo trocoforiano (ou asimilable a ela) no seu desenvolvemento.
 
Liña 72:
== Sistemática e filoxenia ==
Actuais datos moleculares suxiren que os animais protóstomos pódense dividir en tres grupos principais:
* [[Ecdysozoa]], por exemplo, [[artrópodos]], [[nematodos]].
* [[Platyzoa]], por exemplo, [[Platelmintos]], [[rotíferos]].
* [[Lophotrochozoa]], por exemplo, [[moluscos]], [[anélidos]].
así como un menor número de taxóns de afinidade basal ou ambiguos.