Illa Clarión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 43:
Desde o seu punto máis alto, o Monte Galegos, pódese admirar a maxestosidade do [[Océano Pacífico]] ademais de que, segundo o investigador [[Harry Moller]], pódense observar de 600 a 700 baleas que cada ano, de novembro a febreiro, chegan a estas costas a reproducirse.
 
A illa conta con doce especies endémicas de aves, así como tamén é endémica a lagarta azúlazul fluorescente. Tamén se atopan réptiles, serpes endémicas, como a ''[[Hypsiglena unaocularus]]'', arácnidos e insectos que están adaptados ás condicións extremas da illa; debido a que en 7 meses caen fortes choivas e o resto do ano escasea a auga. Con tan severa condición de carencia e exceso de auga, resulta natural que a vexetación sexa escasa. Consiste só en pastos ralos, gramíneas, arbustos e un que outro escuálido árbore. Todo o contrario ocorre coa vida mariña, que é abundante en quenllas, mantarraias, lagostas, polbos e caranguexos.
 
O home introduciu o coello branco na illa, o que danou gravemente o ecosistema, pero tamén chegou á illa unha bandada de corvos corvux que manteñen un equilibrio ecolóxico ao devorar as crías de coellos ou aos demasiado vellos.