109.846
edicións
*Os artigos deben basearse en [[Fonte secundaria|fontes secundarias]] de ser posible. Por exemplo, un artigo de crítica, monográfico ou libro de texto é mellor que un artigo de investigación primario. Cando se empreguen fontes primarias debe terse moito coidado. Os wikipedistas non deben interpretar o contido das fontes primarias por si mesmos. Véxase [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria]] e [[Wikipedia:Punto de vista neutral]].
* Os materiais de tipo artigo, libro, monográfico ou investigación, que estean aprobados pola comunidade académica, considéranse fontes fiables, cando o material estea publicado por fontes reputables e revisadas, ou por imprentas académicas ben consideradas.
*As disertacións completas ou teses escritas, dispoñibles publicamente, poden empregarse pero con precaución, xa que moitas delas adoitan ser, totalmente ou en parte, fontes primarias. Algunhas destas terán pasado un proceso de revisión académica, de distintos niveles de rigor, pero outras non. De ser posible
*Pode confirmarse a validez dentro do discurso académico dunha fonte revisando as citacións académicas que teña recibido, mediante os [[índice de citacións|índices de citación]]. Coma corolario disto, as publicacións non incluídas en índices de citacións, especialmente en campos ben cubertos por ditos índices, deben empregarse con precaución, sempre dependendo do contexto particular.
*Os estudios illados considéranse xeralmente tentativos e poden variar tras posterior investigación académica. Se o estudio illado é unha fonte primaria, non debería empregarse se existen fontes secundarias que traten o mesmo contido. A fiabilidade dun estudio individual depende do propio campo de estudio. Os estudios en campos complexos, coma por exemplo a [[medicina]], adoitan ser menos definitivos e deberían evitarse na medida do posible. As fontes secundarias, coma meta-análises, libros publicados e artigos revisados academicamente son sempre opcións preferentes ás investigacións primarias.
*
*Algunhas publicacións poden semellar fiables máis non son de calidade e non realizan revisións de contido. Existen publicacións que inclúen calquera material recibido sempre que o autor estea disposto a pagar unha tarifa, ou publicacións de dubidosa reputación que imitan os nomes doutras xa establecidas e fiables.<ref>{{Cita web|url=http://scholarlyoa.com/2012/11/30/criteria-for-determining-predatory-open-access-publishers-2nd-edition/|título=Criteria for Determining Predatory Open-Access Publishers|edición=2ª|páxina-web=Scholarly Open Access|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|título=Who's afraid of peer review?|revista=Science|data=4 de outubro de 2013|volume=342|número=6154|páxinas=60–65|doi=10.1126/science.342.6154.60|lingua=en}}</ref> A calidade dunha publicación pode comprobarse revisando as acreditacións da súa xunta editorial e confirmando a súa inclusión nos índices de citacións relevantes.
|