Wikipedia:Fontes fiables: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 44:
 
===Medios de comunicación===
As fontes de novas adoitan incluír tanto contido baseado en feitos coma contido de opinión. A difusión de novas por parte de medios de comunicación ben establecidos considérase xeralmente unha fonte fiable para afirmacións sobre feitos concretos, aínda que, en ocasións, incluso os medios de máis reputación poden difundir información errada. A difusión de novas por parte de medios menos establecidos considérase xeralmente menos fiable para afirmacións sobre feitos concretos. Moitos xornais inclúen tamén artigos proporcionados por [[axencia de novas|axencias de novas]] coma [[BBC News]], [[Reuters]], [[Agencia EFE]] ou [[Europa Press]], que son os responsables neses casos da veracidade da información. A axencia de novas responsable do artigo fonte debe engadirse sempre nas citacións, a maiores do xornal que publique a información.
 
Os comentarios editoriais, análises e pezas de opinión, escritas polos editores da publicación ou autores externos, son fontes primarias fiables para afirmacións atribuídas ao propio editor ou autor, pero case nunca son fiables para referenciar afirmacións sobre feitos concretos.
 
* Ao tomar información dunha peza de opinión, a identidade do autor pode axudar a determinar a súa fiabilidade. As opinións de especialistas e expertos recoñecidos teñen máis probabilidades de ser fiables e de reflectir un punto de vista significativo. Non obstante, teñaten en conta que as afirmacións excepcionais requiren así mesmo fontes excepcionais que as validen. As opinións dos autores deben indicarse claramente como tal, e non como feitos. As críticas e revisións de libros, filmes, arte etc. poden conter tanto opinións coma resumos e pezas académicas.<ref name="Princeton">{{Cita web|url=http://wordnetweb.princeton.edu/perl/webwn?s=book%20review|título=Book reviews|editorial=Princeton|ano=2011|autor=Princeton|obra=Scholarly definition document|lingua=en}}</ref><ref name="VirginiaTech">{{Cita web|url=http://www.lib.vt.edu/find/byformat/bookreviews.html|título=Book reviews|editorial=Virginia Polytechnic Institute and State University|ano=2011|autor=Virginia Polytechnic Institute and State University|obra=Scholarly definition document|lingua=en}}</ref>
* Para informacións sobre temas académicos, as fontes académicas e fontes non académicas de calidade considéranse xeralmente mellor que as novas dos medios de comunicacións. As novas en si poden considerarse aceptables dependendo do contexto. Os artigos que traten un tema en profundidade baixo estudos específicos, teñen xeralmente máis valor que artigos xerais que só traten o tema de forma tanxencial.
* A difusión de rumores non ten relevancia enciclopédica, aínda que en certas instancias a información verificable ''sobre'' ditos rumores si poida ser axeitada (é dicir, a indicación de que un determinado rumor acadase certa notoriedade, aínda que non sexafora unha verdade probada). [[Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_é#A_Wikipedia_non_fai_propaganda|A Wikipedia non é sitio]] para difundir rumores e dixomedíxomes.
* Algúns medios de comunicacións teñen empregado artigos da Wikipedia coma fonte para os seus traballos. Polo tanto, os editores deben ter coidado en evitar as [[Wikipedia:Verificabilidade#A_Wikipedia_e_as_fontes_que_a_empregan_como_referencia|referencias circulares]].
* O feito de que unha nova ''específica'' sexa fiable para un feito ou afirmación concreta nun artigo da Wikipedia debe considerarse e revisarse caso por caso.
* Algunhas novas publícanse varias veces ou transmítense entre múltiples medios de comunicacións. Isto adoita ser o caso das [[axencia de novas|axencias de información]] coma por exemplo [[Associated Press]]. As novas publicadas desta forma nonse deben considerarse comaconsideran múltiples fontes dun feito ou afirmación, senón unha soa fonte publicada por múltiples medios de comunicación.
* Un sinal que pode indicar que un medio de comunicación fai unha comprobación de feitos efectiva e con reputación de veracidade é a publicación de correccións das súas propias novas.