Wikipedia:Fontes fiables: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 63:
Os artigos da Wikipedia teñen que estar presentados dende un [[Wikipedia:Punto de vista neutral|punto de vista neutral]]. Porén, as fontes fiables que se empregan non teñen porqué ser estritamente neutrais, balanceadas ou obxectivas. En determinadas ocasións as fontes non neutrais poden ser as mellores fontes de información para verificar unha determinada afirmación sobre un tema concreto.
 
As fontes non neutrais máis habituais adoitan ser de corte político, financeiro, relixioso ou filosófico. Aínda que a fonte pode ser non neutral, pode ser fiable no contexto específico tratado no artigo. Ao tratar con fontes potencialmente non neutrais, os editores deben considerar se a fonte cumpre os criterios normais parade as fontes fiablesfiabilidade, como son o control editorial e a reputación de comprobación dos feitos.
 
== Fontes cuestionables e fontes auto publicadas==