El Tea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{galiciana}}
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''''El Tea''''' foi un periódico editado en [[Ponteareas]] entre [[1908]] e [[1936]].
 
== Historia e características ==
Subtitulado ''Decenario defensor de los intereses agrarios'', apareceu o [[5 de setembro]] de 1908. Saíu os sábados ata agosto de 1920 en que se converteu en decenario e se trasladou a Vigo (1914) e Pontevedra (1920). Fundado e dirixido nos primeiros anos por [[Amando Garra]], despois substituído por [[Manuel Pérez Troncoso]], [[Saturnino Piñeiro Groba]] e desde decembro de [[1927]] por [[Manuel Piñeiro Groba]]. Era de tendencia republicana e agrarista, aínda que se subtitulou como "independente". Foi o órgano oficial da Federación Provincial Agraria. Por problemas coa [[Ditadura de Primo de Rivera]] foi suspendido en reiteradas ocasións, en 1925 pasou a denominarse ''[[El Uma]]'' e entre xaneiro e marzo de 1926 pasou a chamarse ''[[El Agro Celta]]''. Ofreceu colaboracións literarias que entre 1922 e 1928 apareceron agrupadas na sección "Páxina Enxebre". Entre os seus colaboradores estaban [[Eugenio Arbones Castellanzuelo]], [[Rogelio Rivero]], [[Jenaro Marinhas del Valle]] e [[Ánxel de Cambeses]]. Rematou a súa edición o [[14 de xullo]] de 1936.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Historia de la Prensa Gallega 1800-1986|nome= Enrique|apelidos= Santos Gayoso|ligazónautor= |coautores= |ano= 1990|editor= Do Castro|localización= Sada|isbn= 84-7492-489-8}}
 
=== Ligazóns externas ===
{{galiciana|3890}}
 
{{ORDENAR:Tea}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Prensa escrita de Ponteareas]]
[[Categoría:Prensa agraria]]