Diferenzas entre revisións de «Mi Tierra (Ourense)»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
(amaño referencia)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''''Mi Tierra''''' foi unha revista gráfica de carácter rexionalista que se editou en [[Ourense]] en [[1911]].
 
== Historia e características ==
Subtitulada ''Revista gallega'', apareceu en xullo de [[1911]]. Foi fundada por [[Xerardo Álvarez Limeses]], que exercía de xerente, e dirixida por [[Eugenio López Aydillo]]. Logo de fracasar o proxecto de ''[[Galicia Ilustrada (Ourense)|Galicia Ilustrada]]'' (da que só apareceu o número 0), que tamén pretendía recoller a tradición de ''[[La Ilustración Gallega y Asturiana]]'', Xerardo Álvarez Limeses fundou ''Mi Tierra'', pero tampouco tivo éxito pois desapareceu aos poucos números, non conseguiu pasar dun mes de vida. A súa transcendencia estivo no feito de poñer en contacto a [[Castelao]] co grupo de intelectuais ourensáns que anos máis tarde daría orixe ao [[grupo Nós]].
 
Entre os seus colaboradores estaban [[Antón del Olmet]], [[Vicente Risco]], Castelao, [[Manuel Murguía]], [[Antonio Rey Soto]], [[Fernández Mato]], [[Noriega Varela]], [[Vicente Risco]], [[Avelino Rodríguez Elías]] e [[Antón Vilar Ponte]] que asinaba co pseudónimo de Antón de Rabodegalo. Como responsable da información gráfica figuraba [[José Pacheco]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= A prensa en Ourense e a súa provincia|nome= Marcos|apelidos= Valcárcel López|ligazónautor= Marcos Valcárcel|coautores= |ano= 1987|editor= Deputación Provincial|localización= Ourense|isbn= 84-505-5721-6|páxina= |páxinas= 164-165}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Prensa escrita de Ourense]]
393.002

edicións