Diario de Operaciones del Sexto Cuerpo del Ejército: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
recat
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
Deste xeito, a capital provincial converteuse na terceira cidade de [[Galicia]] que viu saír un periódico, despois de [[Santiago de Compostela]]<ref>[[El Catón Compostelano]], de 1800, foi o primeiro desta cidade e de Galicia.</ref> e [[A Coruña]]<ref>O primeiro foi [[Diario de La Coruña (1808)|Diario de La Coruña]], de 1808.</ref>.
 
== Historia ==
O ''Diario de Operaciones...'' era un periódico de [[guerra]]. Foi editado polo Sexto Corpo do [[Exército]] [[España|español]], que se instalou en Lugo durante a [[Guerra da Independencia española|Guerra de Independencia]]. Facíase nunha [[imprenta]] portátil que levaba consigo o cuartel xeral deste corpo militar.
 
As información castrenses eran o principal elemento da publicación, pero non o único. Así, mentres se daba conta da evolución da campaña, tamén se inserían outras noticias. Publicábanse, por exemplo, bandos, destinados á poboación en xeral. E as informacións bélicas non se referían só á actividade do sexto corpo, senón á doutras compañías.
 
Publicábase en idioma [[Lingua_casteláLingua castelá|castelán]] e contiña habitualmente catro páxinas, aínda que non son raros os números con follas soltas. Aínda que se denominaba diario, non saía todos os días, e houbo etapas nas que se editou sen periodicidade regular.
 
Cesou de publicarse cando o sexto corpo do exército abandonou Lugo.
 
== Cuestións a debate ==
As referencias ao ''Diario de Operaciones...'' baséanse en documentación de terceiros. A diferenza dos seus predecesores de Santiago e A Coruña, non parece que queden exemplares da publicación en Galicia. Este aspecto dificulta que os historiadores poidan datalo de xeito preciso. Sábese que o primeiro número é de maio de 1811, aínda que non o día exacto. O número nove é do [[21 de xullo]] de ese ano, o que desminte a teoría de [[Manuel Soto Freire]]<ref>Véxase a Bibliografía.</ref> de que apareceu en [[1812]].
 
Liña 19:
O nome de ''Diario de Operaciones del Sexto Cuerpo del Ejército'' é o asumido pola meirande parte dos historiadores, aínda que hai outros que dan outros nomes: ''Boletín del Sexto Cuerpo del Ejército'', ''Estado Mayor. Sexto Ejército. Resultado de las Operaciones de este Ejército'' ou ''Cuerpo de Operaciones''. Con todo, semella que estes outros títulos son ou partes da publicación ou nomes que levou nalgún número solto.
 
== Notas ==
<references />
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[José Altabella|ALTABELLA, José]]: "El periodismo lucense hasta nuestros días", en ''El Progreso'', Lugo, 17 de agosto de 1958.
* SANTOS GAYOSO, Enrique: ''Historia de la prensa gallega. 1800-1986''. Ediciós do Castro, Sada, 1990.
* SOTO FREIRE, Manuel: ''La imprenta en Galicia''. Edición Círculo das Artes de Lugo, Artes Gráficas Galicia, Vigo, 1982.
* TEIJEIRA, Mari Paz e DE LA TORRE, María: ''A prensa en Lugo, dous séculos de historia''. Deputación Provincial de Lugo, Lugo, 1997.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Medios de comunicación de Galicia]]