Acción Gallega (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''''Acción Gallega''''' foi unha publicación que actuou como o primeiro portavoz de movemento agrario de [[Acción Gallega]] e constituía unha das mellores fontes para seguir o curso de [[agrarismo]] galego. Un dos máis importantes documentos da historia social da [[Galiza]] no século XX.
 
== Historia e características ==
=== Primeira época ===
Subtitulada ''Defensora de los intereses regionales'' e editada en Madrid, apareceu o [[15 de xaneiro]] de [[1910]]. Revista quincenal dirixida por [[Basilio Álvarez]]. Os colaboradores habituais eran [[Manuel Linares Rivas]], [[Alfredo Vicenti]], [[Manuel Portela Valladares]], [[José R. Carracido]], [[Prudencio Canitrot]], [[Luis Antón del Olmet]], [[Manuel Lezón]] e [[Alfonso Alcalá Martín]]. Tamén colaboraron esporadicamente [[Manuel Murguía]], [[Juan Barcia Caballero]], [[Augusto Barcia Trelles]], [[Santiago Casares Quiroga]] e [[Rodrigo Sanz]].
 
Fíxose eco de todos os movementos campesiños de Galicia. Cesou a súa publicación en agosto de 1910, despois do fracaso da [[Liga Agrario-Redencionista]] e da [[II Asemblea Agraria de Galicia]].
 
=== Segunda época ===
Apareceu en outubro de [[1911]], por moi breve lapso de tempo, e tivo de novo como director a [[Basilio Álvarez]]. De escaso interese, presenta a novidade do gran formato, idéntico ao da maioría dos diarios da época.
 
=== Terceira época ===
Subtitulado ''Semanario órgano de la Liga Acción Gallega'', iniciou a terceira etapa o [[24 de outubro]] de [[1912]]. Mantivo o formato e a dirección de [[Basilio Álvarez]]. Como xefe de redacción estaba [[Eugenio López Aydillo]], que foi substituído despois por [[Alfonso Alcalá Martín]] e finalmente por [[Manuel Lustres Rivas]] polas alternativas da loita de Acción Gallega. As últimas escisións co bloque de Madrid levaron á súa desaparición nos últimos meses de 1913 cando foi substituído por ''[[Heraldo de Galicia (1913)|Heraldo de Galicia]]'' como portavoz de Acción Gallega durante un tempo. Dende novembro de 1913 ''[[El Heraldo Gallego (1913)|El Heraldo Gallego]]'' foi recoñecido como diario do movemento.
 
En [[1916]] reapareceu como folla incorporada a ''[[El Parlamentario]]'', diario madrileño de [[Antón del Olmet]]. Dirixida por Basilio Álvarez, apareceu o 1 de agosto de 1916 e deixou de editarse o 16 de novembro dese ano.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Prensa agraria en Galicia|nome= Miguel|apelidos= Cabo Villaverde|ligazónautor= Miguel Cabo Villaverde|coautores= |ano= 2003|editor= Duen de Bux|localización= Ourense|isbn= 84-932078-3-7}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Prensa escrita de Galicia]]