Diferenzas entre revisións de «Solidaridad Obrera (Barcelona)»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Arranxos varios using AWB)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
O periódico ''Solidaridad Obrera'' naceu o 19 de outubro de 1907 en [[Barcelona]], como órgano de expresión da federación Solidaridad Obrera. Permaneceu activo, con diversas vicisitudes dependentes dos momentos históricos que viviu España, ata a actualidade, onde se mantén cunha edición ''online'' que comparte cunha de papel cunha tiraxe de 5.000 exemplares repartidos gratuitamente (gratuidade establecida en 2005).
 
== Orixe e historia ==
[[Ficheiro:Solidaritatobrera.jpg|miniatura|dereita|Edición do 4 de novembro de 1910.]]
O 19 de outubro de 1907 sae á rúa o órgano de expresión que leva o mesmo nome que a federación sindical Solidaridad Obrera. Este sería o periódico referente no sindicalismo anarquista, manténdose ata a actualidade.
En 1919 trasládase a redacción a [[Valencia]] ó non poder editarse en Barcelona. A dirección, esta vez colexiada, recae en Alaiz, Carbó, Gallego Crespo e Viadiu. O equipo de redacción formábano Abella, Quílez, Calleja, Amador, [[Salvador Seguí]] e Caracena.
 
En 1923 volve a Barcelona, pero ó ano seguinte é prohibido pola [[ditadura]] de [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]]. O 31 de agosto de 1930 vólvese editar, desta volta como voceiro da CNT en España<ref>Antonio Checa ''Prensa y partidos políticos durante la II República''. Universidad de Salamanca, 1989, páxina 60</ref>, coa axuda económica de libertarios de Manresa e con maquinaria propia. Faise cargo da dirección [[Joan Peiró]] e é administrado por Masoni, con Foix, Carbó, Magre e Clará na redacción. Nese tempo chégase a unha tiraxe media de 26000 exemplares. En setembro de 1931 decídese a nova dirección despois dun enfrontamento entre trintistas e [[FAI|faístas]], e recae en Alaiz que axiña cedería o posto a Corbella. Desde setembro de 1931 a novembro de 1932 pasaron pola dirección de Solidaridad Obrera sete persoas.
 
Na república o periódico sufriu grandes avatares. Logo do enfrontamento entre faístas e trintistas sufriu a persecución das autoridades, que chegaron a suspendelo durante 104 días, e se realizaron moitas "recollidas de edición". Chegouse a substituír a cabeceira pola de ''solidaridad''. Polo seu status de portavoz da CNT española, reflexáronse nas súas páxinas tódolos actos relevantes que se deron nese periodo, e foron escenario onde se disputaron moitas batallas ideolóxicas.
En 2005, baixo a dirección de Jordi Exposito, faise gratuíto, financiándose co apoio económico da militancia, subscriptores, persoas que simpatizan co periódico e as aportacións dos sindicatos que conforman a federación. En 2007 é xunto co [[CNT (periódico)|periódico CNT]] o órgano portavoz da CNT-AIT de España e o de expresión da CNT de Catalunya i Balears. A súa tiraxe establécese en 5.000 exemplares e ten unha edición online en internet.
 
== Financiamento e liña editorial ==
A financiación do periódico realízase mediante o apoio económico da militancia do sindicato, as subscripcións e as aportacións das máis de 20 organizacións sindicais que conforman a ''Confederación Rexional do Traballo de Catalunya i Balears''. A liña editorial obedece á directriz de dita Confederación Rexional, e acostuman participar nela os secretarios de prensa dos sindicatos colaboradores como [[Joaquín Ortíz]], [[Victor Bermúdez]], [[Carmen Yeste]], Lluís R.A, [[Just Casses]] e [[Marc Sthele]].
 
A dilatada traxectoria da edición fai deste periódico un medio polo que se pode ver, desde o punto de vista do movemento obreiro, a historia de España desde comezos do século XX. É referente para calquera estudio ou investigación histórica sobre a CNT e as loitas obreiras. Os propios inicios do movemento obreiro español, o periodo do ''pistoleirismo'', a república, a [[revolución social]], a guerra civil, o longo período de ditadura coa represión e o exilio e a recuperación da democracia formal teñen o seu reflexo nas páxinas das súas edicións.
 
== Directores ==
Os directores de Solidaridad Obrera ó longo da súa historia foron:
* Jaime Bisbe (1907)
* Pestaña (1917)
* Alaiz, Carbó, Gallego Crespo e Viadiu (1919)
* Hermoso Plaja (1923)
* Callejas (1924)
 
 
;Durante a ditadura de Franco
* Mariano Casasús
* Fontaura
* Aiguaviva
* Edo (1985)
* Alemany, Alberto Sabadell, Liarte (1981)
* Severino Campos (1979)
* Adriá, Nuria Galdón (1995)
* Jose Suno Navarro (1998)
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Wikisource|Confederación Nacional do Traballo|preposicion=de}}
* [http://www.cnt.es/soliobrera/ Edición ''online'' de Solidaridad Obrera]
 
{{ORDENAR:Solidaridad Obrera}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Prensa anarquista]]
[[Categoría:Sindicalismo anarquista]]
393.002

edicións