Célula principal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
==Nomenclatura==
Os termos "célula principal" ou "célula cimoxénica" utilízanse para referirse a estas células gástricas, pero tamén se denominan así outras células doutros tecidos con outras características. Tamén se denominan "células principais" certas células da glándula [[paratiroide]] ([[célula principal paratiroideaparatiroide]]), dos [[paraganglio]]s e dos túbulos colectores dos [[ril]]es.
 
==Características==
Son células cuboideas que conteñen numerosos [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] secretorios apicais esféricos e moderadamente densos, que conteñen pepsinóxeno. No home, entre os gránulos hai uns corpos densos, que probablemente son [[lisosoma]]s. O [[núcleo celular|núcleo]] é grande. O [[citoplasma]] é [[basófilo (tinguidura)|basófilo]]. Os orgánulos están en posición basal e entre eles destaca un [[aparato de Golgi]] supranuclear moi desenvovlvido e un extenso [[retículo endoplasmático]] rugoso, características ambas das células secretoras de proteínas. A membrana é lisa, pero na parte luminal (que dá á luz da glándula gástrica) poden ter uns poucos ''[[microvilli]]'' e un delgado [[glicocálix]] <ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 632, 636. ISBN 84-7605-361-4</ref>.
 
==Secrecións==
O [[pepsinóxeno]] é a principal secreción das células principais gástricas. O pepsinóxeno é un [[cimóxeno]], é dicir, un [[proencima]] que no seu estado inicial está inactivo, pero que ao verterse ao estómago sofre unha rotura [[proteólise|proteolítica]] que o converte na súa forma activa, que no caso do pepsinóxeno se denomina [[pepsina]]. A pepsina é unha [[protease]] que degrada as proteínas dos alimentos, iniciando a dixestión das mesmas <ref>Cox, Michael; Nelson, David R.; Lehninger, Albert L (2008). Lehninger principles of biochemistry. San Francisco: W.H. Freeman. Páxinas 96, 675. ISBN 0-7167-7108-X.</ref>, que se completará no [[duodeno]].
As células principais funcionan en conxunción coas [[célula parietal|células parietais]], que liberan o [[ácido clorhídrico]] gástrico, que crea un [[pH]] ácido que fai que a estrutura do pepsinóxeno se abra, e este, de forma autocatalítica, escinda un segmento da súa propia molécula, converténdose en pepsina activa.
 
Liña 19:
NCBI resources [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/sites/entrez?db=gene&cmd=Retrieve&dopt=Graphics&list_uids=643160]</ref><ref>Kolmer, M.; Ord, T.; Alhonen, L.; Hyttinen, J.-M.; Saarma, M.; Villems, R.; Janne, J. Assignment of human prochymosin pseudogene to chromosome 1. Genomics 10: 496-498, 1991.[http://www.metalife.com/Medline/2071156]</ref>
 
A produción da [[lipase gástrica]] foi localizada por inmunocitolocalización nas células principais da mucosa fúndica <ref>H. Moreau, A. Bernadac, Y. Gargouri, F. Benkouka, R. Laugier and R. Verger. Immunocytolocalization of human gastric lipase in chief cells of the fundic mucosa. Histochemistry and Cell Biology. Volume 91, Number 5, 419-423, DOI: 10.1007/BF00493829 [http://www.springerlink.com/content/x2753161nxg4u757/]</ref>. É unha lipase ácida que hidroliza os lípidos, que completarán a súa dixestión no intestino delgado.
 
==Notas==