Diferenzas entre revisións de «Mandíbula»

sen resumo de edición
(*Escotadura > incisura.)
[[Ficheiro:Human jawbone front.jpg|miniatura|125px|Mandíbula humana]]
 
A '''mandíbula''' é cada unha das pezas da [[boca]], óseas no caso dos [[vertebrado]]s e quitinosas ou córneas no caso doutros [[animal|animais]]. É un óso da faciana que permite a mastigación xunto co [[maxilar superior]]. A mobilidade da [[articulación témporo-mandibulartemporomandibular]] permítelle a este óso elevarse, descender, lateralizalo e proxectarse cara adiante e atrás.
Nos vertebrados o seu movemento é vertical, nos artrópodos e outros [[invertebrado]]s é horizontal. En todos os animais as mandíbulas se utilizan para aprehenderen os alimentos e trituralos e, en moitos casos, tamén para se defenderen.
 
* '''Corpo''': é a parte máis anterior do óso. Presenta:
** Cara anterior: na liña media queda o ''gonion'' ou queixo, resultado da fusión dos maxilares de ambos lados. Permite ademais as insercións dos seguintes músculos:
*** Triangular dos beizos.
*** Cadrado da barba.
*** Cutáneo do pescozo ou [[músculo platisma|platisma]].
** Cara posterior: atopamos unhas apófises centrais denominadas apófises ''xeni'', que prestan inserción ós músculos xenigloso (que vai á [[lingua]]) e xenihioideo (vai ó [[hioide]]). A ambos lados das apófises achamos unha liña de inserción para o músculo milohioideo (que forma parte do chan da boca e chega ó hioide. Na liña media únense os milohioideos de ambos lados). Esta cara tamén acolle ás glándulas [[glándula sublingual|sublingual]] e [[glándula submaxilar|submaxilar]].
** Bordo superior: acolle ós [[dente]]s inferiores.
* '''Pólas''': cada unha permite na superficie externa a inserción do músculo pterigoideo externo. Superiormente continúanse coas:
** '''Apófise coronoide''': hai fibras de inserción do músculo temporal.
** '''Apófise condilar''': consta dun pescozo no que se insire o músculo pterigoideo interno. Tamén chegan aquí os ligamentos esfeno-maxilaresfenomaxilar e estilo-maxilarestilomaxilar. O cóndilo artéllase co temporal. Para máis información véxase [[articulación témporo-mandibulartemporomandibular]].
** '''Incisura''': é o espazo entre ambas apófises. Permite o paso de vasos maseterinos.
** Cara anterior das pólas: insírese o [[músculo maseter]].
** Cara posterior das pólas: co burato dentario para a arteria dentaria e o nervio dentario inferior.
** Bordo posterior das pólas: forma a parte máis anterior da fosa pterigo-maxilarpterigomaxilar.
 
== Véxase tamén ==
* [[Maxilar superior]]
* [[Dente]]
* [[Articulación témporo-mandibulartemporomandibular]]
* [[Cartilaxe de Meckel]]
 
10.315

edicións