Rogelio Caridad Pita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Imaxe
Sen resumo de edición
Liña 7:
En xullo de [[1936]], Caridad Pita estaba destinado na [[A Coruña|Coruña]], como gobernador militar e xefe da 15ª Brigada de Infantería, ás ordes do xeneral [[Enrique Salcedo]], xefe da VII División Orgánica, que fora nomeado polo goberno radical-cedista o [[7 de febreiro]], antes das eleccións.
 
Na tarde do venres 17 chegaron a Galicia noticias da [[sublevación do 18 de xullo de 1936|sublevación]] en [[Marrocos]]. Durante a fin de semana, houbo unha tensa espera. As autoridades militares da Coruña (o xeneral Salcedo, conservador pero leal á legalidade, e o xeralxeneral Caridad Pita) aseguráronlle ao gobernador civil, [[Francisco Pérez Carballo]], a súa lealdade á República, malia que o primeiro recibira na noite do 18 de xullo un telegrama de [[Gonzalo Queipo de Llano]] cominándolle a que se unise á sublevación e logo unha chamada telefónica, o día 19, do xeneral [[Emilio Mola]]. Con todo, durante a mañá do luns 20, oficiais sublevados detiveron aos xenerais Salcedo e Caridad Pita (cando este pretendía abortar a sublevación do Rexemento de Infantería de Zamora número 54, presentándose no seu cuarto de bandeiras, foi detido polo coronel Martín Alonso, ao mando do rexemento, o cal participara xa na ''[[sanjurjada]]'' de [[1932]] e fora reposto no mando durante o bienio radical-cedista).
 
Permaneceu dous días retido no cuarto de bandeiras do Rexemento de Zamora, sendo posteriormente trasladado ao [[castelo de San Diego]] da Coruña. Encausado por un [[Consello de Guerra]] (24 de outubro de 1936, en Ferrol), e acusado de traizón, Caridad Pita foi condenado a morte e fusilado, xunto co xeneral [[Enrique Salcedo]] o [[9 de novembro]] no [[castelo de San Felipe]], en Ferrol, entoando vivas a España e á República. Tras combater no exército republicano, os seus fillos Carlos, Francisco, [[José Caridad Mateo]], Rogelio e Vicente, foron ao exilio trala fin da Guerra<ref>[http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/exilio.pdf Repertorio bibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega], septiembre de 2001.</ref>.