Pictos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Amalgama > amálgama.
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Serpent stone.JPG|miniatura|A pedra de serpe de [[Aberlemno]], amosando (de arriba a abaixo), a serpe, o disco dobre, o símbolo en Z e o espello]]
[[Ficheiro:Norrie's LawDSCF6226.jpg|miniatura|Placa de prata de [[Norrie's Law]], [[Fife]], con disco dobre e o símbolo en Z]]
'''Pictos''' (latín ''picti'') é o nome que se lle dá aos antigos [[caledonios]] que vivían na moderna [[Escocia]]. Foron un grupo de pobos celtas da [[Idade dode Ferro británica]] e o Baixo Medievo que viviron no leste e no norte de [[Escocia]].<ref>[[#Fos96|Foster 1996]]. p. 11-13.</ref> [[Ammiano Marcelino]] preséntaos divididos en dúas tribos en tempos do emperador [[Constante|Flavius Iulius Constante]]: os [[dicalidóns]] (''dicalidonae'') e os [[verturións]] (''verturiones'') e aliados cos [[attacoti]] (do gaélico athach tuatha, que significa pobo ou xente que paga rendas, oposto a xente ceibe) e cos [[escotos]]. O seu nome significaba "pintado" e debíase ao costume dos caledonios de pintarse para o combate. Pictia ou Pictavia (''Pictland'' en inglés) convértese no [[reino de Alba]] (Escocia) durante o século X, co que os pictos pasan a ser coñecidos como ''Albannach'' ou escoceses.
 
Hai unha asociación coa distribución xeográfica de [[fíbula celta|fíbulas]], nomes de lugares [[Linguas britónicas|britónicos]] e [[pedras pictas]]. Os pictos son rexistrados desde antes da [[conquista romana de Britania]] ata o século X, momento no que se pensa que se mesturaron cos [[Gaels]]. Vivían ó norte dos ríos [[Río Forth|Forth]] e [[Río Clyde|Clyde]], e falaban a extinta [[lingua picta]], a cal se pensa que estaba relacionada coas [[linguas britónicas]] faladas polos pobos do sur. Asúmese que son os descendentes dos antigos [[Caledonios|Caledonii]] e outras tribos nomeadas polos historiadores romanos, atopados tamén no [[Mapamundi de Ptolomeo|mapamundi]] de [[Ptolomeo]]. Pictia ou Pictavia, mesturouse gradualmente co reino [[Gaels|gaélico]] de [[Dál Riata]] para formar o [[Reino de Alba]] (Escocia). Alba expandiuse, absorbendo os reinos de [[Reino de Strathclyde|Strathclyde]] e [[Lothian]], e no século XI, a identidade dos pictos foi incluída na amálgama de pobos que son os escoceses.