Metaloproteína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 78:
A [[clorofila]] desempeña un papel crucial na [[fotosíntese]]. Contén un ión magnesio encerrado nun anel de [[clorina]]. Porén, o ión magnesio non está directamente implicado na función fotosintética e poden substituírse por outro ión divalente con só unha lixeira perda de actividade. Polo contrario, o [[fotón]] é absorbido polo anel de clorina, que ten unha estrutura electrónica adaptada para esta finalidade.
 
Inicialmente, a absorción dun fotón provoca que un electrón sexa excitado a un estado singulete da banda Q. O estado excitado sométese a un crucecruzamento intersistema dun estado singulete a un estado triplete no que hai dous electróns con espín paralelo. Esta especie é un radical libre, polo cal é moi reactivo e permite que un electrón sexa transferido a aceptores adxacentes á clorofila no cloroplasto. Neste proceso a clorofila oxídase. Logo, no ciclo fotosintético volve a reducirse aceptando un electrón, e o produto final da oxidación é oxíxeno molecular, cuxos átomos proveñen de moléculas de auga.
 
== Metaloproteínas de transdución de sinais ==