Tecido muscular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Vellosidade > vilosidade.
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36:
* Febras vermellas ou febras tipo 1: de pequeno diámetro. Son de metabolismo aerobio cunha grande actividade oxidativa mitocondrial. Posúen grandes cantidades de [[mioglobina]]. Predominan en músculos lentos de actividade constante.
* Febras brancas ou febras tipo 2B: de maior tamaño, son anaerobias. Posúen abundante [[glicóxeno]] e enzimas glicolíticos. Predominan en músculos rápidos de actividade intermitente.
* Febras intermedias ou febras tipo 2A: detectables mediante [[ATPase|ATPasa]]. Son glicolíticas, rápidas e resistentes á fatiga.
* Febras rexenerativas ou febras tipo 2C: febras que actúan coma reservorio rexenerativo.
 
Liña 52:
Toda febra muscular esquelética está inervada por unha motoneurona. A terminación nerviosa presenta unha dilatación nunha pequena fendidura da febra muscular. O espazo entre febra nerviosa e muscular denomínase fendidura sináptica. A membrana da febra presenta unha serie de pregamentos denominados pregamentos da unión.
 
Entre ambas fendiduras hai lámina externa. Na propia fendidura hai vesículas sinápticas que conteñen [[acetilcolina]], mentres que na lámina hai acetilcolinesterasaacetilcolinesterase, que degrada tal substancia.
 
A unidade motora está constituída por unha motoneurona xunto ao grupo de febras musculares ás que inerva. As febras da unidade non están en contacto, senón que están distribuídas ao chou, e intercaladas entre outras febras formando unha imaxe en taboleiro de xadrez. Deste xeito abranguen o músculo na súa totalidade. Todas as febras musculares inervadas pola mesma motoneurona, pertencen ao mesmo grupo histoquímico.