Moluscos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
*Salival > salivar.
Liña 77:
==== Alimentación ====
 
Os moluscos teñen un [[tubo dixestivo]] completo. A cavidade bucal, revestida de [[quitina]], presenta un órgano de alimentación único, a [[rádula]], que consiste nunha base cartilaxinosa alongada (o ''odontóforo'') recuberta de fileiras lonxitudinais de dentículos [[quitina|quitinosos]] curvos; a forma e a disposición dos dentículos relaciónase co tipo de alimentación. A rádula está provista de potentes músculos que lle permiten proxectarse fóra da [[boca]], actuando como raspador. O moco segregado polas glándulas salivaissalivares da boca lubrican a rádula e aglutinan as partículas para ser inxeridas.
 
A continuación hai un [[esófago]] e un [[estómago]], máis ou menos complexo, no que desembocan as glándulas dixestivas ([[fígado]] ou [[hepatopáncreas]]); a circulación da masa mucosa que contén p alimento (''prostilo'') vese favorecida pola presenza de numerosos cilios. As partículas alimenticias entran nos condutos das glándulas dixestivas. O [[intestino]] é longo e está enrolado.
Liña 95:
 
==== Sistema nervioso ====
O [[sistema nervioso]] dos moluscos é moi variábel. O modelo básico comprende un anel periesofáxico do cal saen dous pares de cordóns nerviosos cara a atrás, un cara ao pé e outro cara á ''masa visceral''.
 
Os órganos dos sentidos comprenden ollos (moi complexos nos [[cefalópodos]]), [[estatocisto]]s (sentido do equilibrio) e [[quimiorreceptor]]es, como os [[osfradio]]s (situados nas branquias), papilas e fosetas olfactorias na cabeza e o órgano subradular (asociado á rádula). O grao máximo de [[cefalización]] dáse nos cefalópodos, nos que se puede falar dun auténtico [[cerebro]], protexido por un cranio cartilaxinoso.