Diferenzas entre revisións de «Queixo»

*Salival > salivar.
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios)
(*Salival > salivar.)
Moitas axencias de todo o mundo advirten dos riscos do consumo de queixos feitos con leite fresco (non [[pasteurización|pasteurizada]]). A [[Administración de Drogas e Alimentos]] estadounidense sostén que os queixos de leite fresco poden causar enfermidades infecciosas como a [[listeriose]], [[brucelose]], [[salmonelose]], e até mesmo [[tuberculose]].<ref>[http://www.consumeraffairs.com/news04/2005/fda_cheese.html A FDA advirte sobre os riscos na saúde dos queixos de leite fresco.]</ref> Nos Estados Unidos, unha lei de [[1944]] obriga a todos os queixos de leite fresco (incluídos os importados dende 1951) a ter un curado mínimo de dous meses. Outros países non europeos tamén optaron por restrinxir legalmente o consumo destes queixos, como [[Australia]], un dos máis estritos niso, aínda que recentemente abriu excepcións cos queixos suízos [[queixo gruyère|gruyère]], [[queixo emmental|emmental]], [[queixo sbrinz|sbrinz]] e tamén co queixo [[roquefort]]. Con todo, a pasteurización do leite non é totalmente eficaz á hora de evitar estes problemas, como se pode ver nos datos de intoxicacións por consumo en Europa (onde en moitos países é legal o consumo de queixos frescos de leite non pasteurizada), e nos que a maioría de casos apuntaban a queixos pasteurizados.<ref>[http://www.specialtyfood.com/do/news/viewnewsarticle?ide=1841 Mitos dos queixos de leite fresco].</ref> As precaucións co consumo de queixos han de ser maiores no caso de embarazadas, como sinalan os [[Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos]], debido ao risco de transmitir listeriose ao [[feto]].
 
Estudos no campo da [[odontoloxía]] afirman que o queixo pode axudar de forma significativa na prevención de [[carie]] e outras enfermidades dos [[dente]]s. Trátase dun dos alimentos con contido máis alto en calcio e fósforo, así como de [[caseína]] e outras proteínas, que son os principais compoñentes do esmalte dos dentes, polo que a inxesta de queixo pode axudar a súa remineralización. Á parte disto, algúns ácidos graxos teñen propiedades antimicrobianas, controlando así o nivel de placa. Moitos tipos de queixo estimulan tamén o fluxo [[saliva (líquido)Saliva|salivalsalivar]], o que axuda a limpar a cavidade bucal de restos de alimentos, amortecendo tamén o medio ácido. Despois das comidas o [[pH]] da saliva descende, pero o calcio e o fósforo do queixo axudan a previlo.<ref>[http://www.ortodoncia.ws/publicaciones/2004/asesoramiento_dietetico_control_caries.asp Asesoramento dietético para o control de carie en nenos] (véxase os apartado "Factores dietéticos na prevención de carie dental").</ref>
 
As persoas que sofren [[intolerancia á lactosa]] normalmente evitan consumilo, con todo queixos como o cheddar só conteñen un 5% da [[lactosa]] atopada no leite enteiro, e nos queixos máis curados é practicamente despreciable. Hai xente que sofre reaccións ante [[amina]]s atopadas no queixo, especialmente a [[histamina]] e a [[tiramina]]. Nos máis curados a cantidade destas sustancias faise máis notable e poden producir [[alerxia|reaccións alérxicas]] como a aparición de [[sarpullido]]s, [[dor de cabeza]] ou aumento da [[presión sanguínea]].
10.315

edicións