Gasolina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Andalcant (conversa | contribucións)
Liña 13:
Normalmente considérase nafta á fracción do petróleo que ten un punto de ebulición aproximadamente entre os 28 e os 175 °C (umbral que varía en función das necesidades comerciais da refinería). Á súa vez, este subproduto subdivídese en nafta lixeira (ata uns 100 °C) e nafta pesada (o resto). A nafta lixeira é un dos compoñentes da gasolina, cuns números de octano en torno ao 70. A nafta pesada non ten a calidade suficiente como para ser empregada para tal fin, e o seu destino é a transformación mediante o reformado catalítico, proceso químico polo cal se obtén tamén [[hidróxeno]], á vez que se aumenta a octanaxe de dita nafta.
 
Ademais da nafta reformada e a nafta lixeira, outros compoñentes que se empregan na formulación dunha gasolina comercial son a nafta de FCC, a nafta lixeira isomerizada, a gasolina de pirólisispirólise desbencenizada, [[butano]], butenos, MTBE, ETBE, [[alquilo|alquilato]] e [[etanol]]. As fórmulas de cada refinería adoitan ser distintas (incluso pertencendo ás mesmas compañías), en función das unidades de proceso de que dispoñan e segundo sexa verán ou inverno.
 
A nafta obtense por un proceso chamado "fluid catalitic cracking FCC" (ás veces denominada gasolina de FCC) de gasoil pesado. Se non está refinada pode ter ata 1.000 ppm de [[xofre]]. Ten ó redor dun 40% de [[aromaticidade|aromáticos]] e 20% de olefinas. Os seus números de octano (MON/RON) están en torno a 80/93.