Tecido óseo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
O tecido óseo é un tecido conectivo mineralizado. Fórmano as células chamadas ''[[osteoblasto]]s'', que depositan unha matriz proteica de [[coláxeno]] de tipo I e liberan ións [[calcio]], [[magnesio]], e [[fosfato]], que se combinan coa matriz de coláxeno formando un mineral cristalino en forma de [[hidroxiapatito]] (tamén chamado hidroxilapatito). A combinación da parte mineral dura e do coláxeno flexible fai que o óso sexa máis duro e forte ca a [[cartilaxe]] sen facerse crebadizo.
 
Hai dous tipos de tecido óseo: compacto e esponxoso. O óso compacto consta de estruturas repetidas chamadas ''[[osteona]]s'' ou, ''osteóns'' ou ''sistemas haversianos'', que son a súa unidade funcional e anatómica. Cada osteona está formada por capas concéntricas de matriz mineralizada, chamadas laminiñas concéntricas, que se depositan arredor dun canal central, tamén chamado ''canal de Havers'', que contén vasos sanguíneos e nervios. O tecido óseo esponxoso está formado por unha rede de trabéculas de tecido mineralizado, que deixan ocos entre elas cheos de medula ósea vermella <ref>Henry Gray: Anatomy of the human body (Bartleby.com; Great Books Online)</ref><ref>Eldra P. Solomon - Richard R. Schmidt - Peter J. Adragna : Human anatomy & physiology ed. 2nd 1990 (Sunders College Publishing, Philadelphia) ISBN 0 03 011914 6</ref>.
[[Ficheiro:Human hip bone texture.jpg|miniatura|dereita|150 px|Estrutura mineral do óso esponxoso da cadeira.]]
 
Liña 14:
 
=== Compoñentes inorgánicos ===
A cantidade de materia mineral do óso en peso seco está entre o 50 e o 65% do total, pero en individuos con ósos desmineralizados, como os que padecen [[raquitismo]] ou [[osteomalacia]] pode chegar a ser de só o 35%.<ref name="Fawcett">D.W. Fawcett. Tratado de Histología. Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición (1987). Páxinas 199-217. ISBN 84-7605-361-4</ref>
Os compoñentes inorgánicos son os sales de fosfato cálcico que forman o mineral [[hidroxiapatito]] (Ca<sub>10</sub>[PO<sub>4</sub>]<sub>6</sub>[OH]<sub>2</sub>). Primeiro deposítase como hidroxiapatito amorfo e despois reordénase orixinando a forma cristalina. Os cristais dispóñense ordenadamente ao longo das fibras de coláxeno e son delgados cristaliños de 1,5-3&nbsp;nm de grosor e 40&nbsp;nm de longo. Tamén existe unha certa cantidade de ións [[carbonato]], [[citrato]], [[fluoruro]], [[magnesio]] e [[sodio]]. Parece que o fluoruro pode substituír o OH nalgunhas moléculas de hidroxiapatita e que o carbonato pode situarse sobre a superficie dos cristais ou substituír ao fosfato. Outros compoñentes inorgánicos son máis raros, pero poden incorporarse ao ósos se son inxeridos, como pasa co [[estroncio]] (Sr<sup>+</sup>) nas zonas contaminadas radioactivamente.
 
=== Compoñentes orgánicos ===
Os compoñentes orgánicos son proteicos, fundamentalmente fibras de [[coláxeno]], que están rodeadas por unha ''[[substancia fundamental]]'' na que abundan os [[glicosaminoglicano]]s. O coláxeno do tecido óseo é fundamentalmente de tipo I, pero cun maior grao de ligazón intermolecular ca o tipo I doutros tecidos, e está formado por fibras de 50-70&nbsp;nm de diámetro estriadas transversamente. As fibras están moi ordenadas no óso maduro. Dentro de cada laminiña do sistema Haversiano son paralelas entre si, aínda que non teñen a mesma orientación ca as das laminiñas veciñas.
 
== Células do tecido óseo ==
Liña 24:
[[Ficheiro:Osteocyte 2.jpg|miniatura|150 px|esquerda|Micrografía electrónica dun [[osteocito]] dentro dunha lagoa coas súas características prolongacións.]]
[[Ficheiro:Osteoclast.jpg|miniatura|150px|dereita|[[Osteoclasto]] multinucleado co seu citoplasma "escumoso".]]
Nos ósos podemos distinguir catro tipos de células: células osteoproxenitoras, osteoblastos, osteocitos e osteoclastos <ref name=Fawcett/>. Só se indicarán as súas funcións e características máis básicas e remitimos aos artigos principais sobre elas.
{{Artigo principal|célula osteoproxenitora|osteoblasto|osteocito|osteoclasto|}}
 
Liña 44:
=== Sistemas de laminiñas ===
[[Ficheiro:Transverse Section Of Bone.png|miniatura|300 px|Sección transversal de óso compacto, onde se aprecian as osteonas coas laminiña concéntricas e o canal de Havers no centro. Os puntos vermellos son osteocitos situados nas lagoas óseas desde as que parten os canalículos.]]
As laminiñas do tecido óseo compacto poden dispoñerse de tres maneiras <ref name=Fawcett/>:
 
1) '''Laminiñas circunferenciais'''. Laminiñas que se estenden por toda a capa máis superficial do óso, tanto na parte externa por debaixo do periósteo coma pola interna por debaixo do endósteo (que recobre o oco da [[diáfise]]). Son láminas paralelas que se estenden ininterrompidamente por toda a circunferencia do óso.
Liña 53:
 
=== Sistemas de canais ===
O tecido óseo compacto está atravesado por diversos canais, que son <ref name=Fawcett/>:
 
1) '''Canais de Havers'''. Hai un canal de Havers no centro de cada osteona. É relativamente groso, de 22 a 110 micros de diámetro. Discorre, en xeral, lonxitudinalmente polo óso. No seu interior hai un ou dous vasos sanguíneos rodeados de tecido conxuntivo laxo, xeralmente capilares e vénulas, e ás veces arteriolas, polo que son canais vasculares. Arredor del dispóñense as laminiñas concéntricas das osteonas.
Liña 63:
== Tecido óseo esponxoso ==
[[Ficheiro:Caput femoris cortex medulla.jpg|miniatura|dereita|Cabeza (epífise) do [[fémur]] cortada. No centro vese o tecido óseo esponxoso, con medula ósea. A circunferencia rosa clara externa é de óso compacto.]]
O '''tecido óseo esponxoso''' aparece nas [[epífise]]s dos ósos longos, e no interior de ósos curtos, como as [[vértebra]]s, e planos e na capa máis interna da [[diáfise]] dos ósos longos. Está moi vascularizado e xeralmente contén [[medula ósea]] vermella, onde ten lugar a formación das células sanguíneas ([[hematopoiesehematopoese]]). Comparado co óso compacto, ten unha maior área superficial e é moito menos denso e máis feble.
 
Está formado por óso laminar, pero que non forma osteonas, senón un conxunto de fragmentos angulosos de óso, que forman trabéculas, que non levan xealmente vasos sanguíneos no seu interior e deixan moitos ocos entre elas. As trabéculas son a súa unidade anatómica e fisiolóxica básica. Estas pezas angulosas de óso teñen osteocitos dentro de lagoas óseas e con canalículos que chegan á superficie das trabéculas.
Liña 76:
 
Indirectamente:
* O tecido óseo esponxoso contén a medula ósea, onde ter lugar a [[hematopoiesehematopoese]] ou formación de células sanguíneas.
 
== Notas ==