Linfocito B: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Maduración antíxeno-independente ==
É a fase que ocorre na [[medula ósea]]. Aquí prodúcense todas as células hemáticas do organismo (índa que en etapas fetais e baixo certas circunstancias, tamén pode haber hematopoiesehematopoese no [[fígado]] e no [[bazo]]). No caso das células B xorde un proxenitor linfoide. Unha serie de proxenitores linfoides [[migración celular|migran]] ás zonas B da medula ósea e dan lugar ós precursores de linfocitos B.
 
Nestas áreas, os proxenitores de células B póñense en contacto con células estromais da medula. Reciben sinais de VLA-4 e VCAM. A interacción con estas sinais produce que a célula B exprese o receptor c-Kit. Este receptor liga SCF (''stem cell factor'') e fai que a célula B exprese receptor de [[interleucina-7]] (IL-7). A IL-7 é secretada polas células estromais da medula. Isto provoca a proliferación e diferenciación dos linfocitos B.