Diferenzas entre revisións de «Intelixencia»

sen resumo de edición
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
 
== Desenvolvemento ==
Ó nacer o ser humano posúe un número de condutas limitado, denominados reflexos: succión, prensión, micción, defecación, estornudoespirro, reptación, marcha... A partir destas condutas o neno por medio da interacción co ambiente constrúe o seu desenvolvemento intelectual. Estes reflexos non evolucionan igual, mentres uns non se alteran outros modifícanse sustancialmente como a prensión ou a locomoción. Estes reflexos nos primeiros meses son innatos, pero co paso do tempo vaise convertendo nunha acción voluntaria e diante estímulos diferentes as accións vanse diferenciando e formando esquemas de conduta, o desenvolvemento da intelixencia consiste na construción de novos esquemas por diferenciación doutros anteriores e que lle permiten actuar sobre a realidade.
 
Segundo Piaget o desenvolvemento da intelixencia pasa polas seguintes etapas, unha etapa sensorio-motor ata o 18/24 meses, nela predominan as actividades perceptivas e motoras, cara os 18 meses aparece a representación, isto é actuar sobre os obxectos simbolicamente: o remedo, a linguaxe, o xogo simbólico, o debuxo, as imaxes mentais, etapa de operacións concretas ata 7 ou 8 anos, etapa de operacións concretas propiamente dito desde os 7 ou 8 ata 11 ou 12 e a etapa de operación formais desde 11 ou 12 anos ata 15 ou 16.
10.315

edicións