Diferenzas entre revisións de «Prosobranquios»

m (Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB)
A cuncha, presente na maioría das especies, é xeralmente espirilada, univalva, forte e sólida, constituída de [[carbonato de calcio]]. Pode presentar unha serie de ornamentacións como orificios e canles respiratorios, costelas verticais, cordóns espirais e suturas. Cando é espirilada presenta varias rexións ou estruturas como son a abertura, a columela, a volta do corpo e a espira. A gran maioría presenta unha estrutura anexa que se encarga de pechar a cuncha cando o caracol se retrae dentro desta, denominada [[opérculo (gasterópodos)|opérculo]], que é de forma e tamaño variábel.
 
No corpo dos prosobranquios obsérvanse tres rexións fundamentais: o '''pé''', formado por unha zona máis muscular de forma e tamaño variábel, dependiendo de especie; a [[masa visceral]], que é a porción do corpo dondeonde se localizan a maioría dos [[órgano]]s, e o [[manto (moluscos)|manto]], unha membrana que recobre o corpo do caracol e entre cuxas funcións está a de segregar a cuncha.
 
Os mebros desta subclase caracterízanse por presentaren a ou as [[aurícula cardíaca|aurículas]], xunto coas [[branquia]]s (ctenidios), en posición anterior ao [[ventrículo (cardíaco)|ventrículo]] (ao que alude o seu nome), condición derivada da torsión sufrida durante o estadio [[larva]]rio. A consecuencia deste proceso de torsión, os cordóns nerviosos viscerais crúzanse, un desde o ganglio pleural dereito ao lado esquerdo por encima; e outro desde o ganglio pleural esquerdo ao lado dereito, por debaixo da canle alimentaria. A cavidade do manto abre á fronte, contendo no lado dereito o recto e o ano.