Ramón Conde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 19:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Fiel Contraste.jpg|miniatura|dereita|200px|''Fiel contraste'', trala casa consistorial de Pontevedra.]]
Realiza os seus estudos na súa cidade natal até que en 1965 se traslada a [[Xixón]] onde cursa estudos na universidade laboral. En 1969 regresa a Ourense, onde finaliza os seus estudos de bacharelato. En [[1971]] ingresa na [[Facultade de Filosofía e Letras]] de [[Santiago de Compostela]]. En [[1973]] vive en [[Madrid]] coñecendo fundicións e obradoiros de diversos artistas. A partir de [[1974]] reside de novo en Ourense onde desenvolve lentamente a súa linguaxe plástica. En [[1986]] trasládase á [[A Coruña|Coruña]] onde vive até 1991, instalando o seu estudo no polígono de [[Sabón]], en [[Arteixo]]. Nestes anos realiza as súas primeiras obras públicas e comeza a súa proxección internacional coa participación en exposicións comacomo a do ''Salón des Indépendentes'', na ''Exposición Internacional de Nogent Sur Marne'', no ''Espace Delpha'' e en [[Lorient]]. En [[1991]] inaugúrase a súa obra ''[[Monumento ao traballo|Os Redeiros]]'' na Gran Vía de [[Vigo]]. Nese mesmo ano vai para [[Houston, Texas|Houston]] como profesor convidado da [[Universidade de Houston-Downtown]]. Vive nesta cidade até [[1992]]. Nese ano realiza unha exposición no recinto feiral da [[Exposición Universal de Sevilla de 1992|Expo]] de [[Sevilla]] e ao ano seguinte realiza unha longa estancia en [[Monterrey]], [[México]].
 
Entre [[1993]] e [[1999]] trasládase a Vigo e monta o seu estudo en [[Santo André de Comesaña, Vigo|Comesaña]]. Despois desa estancia en Vigo e até o [[2003]] vive e traballa en [[Padrón]]. En 2003 realiza as súas primeiras exposicións en [[Alemaña]] (Hannover e Kommunale Galerie de [[Berlín]]). No [[2005]] realiza unha exposición nas rúas e o exterior do edificio do concello de Ourense.