Giovanni Antonio Canal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
 
==Breve biografía artística==
Foi exitoso primeiro polos seus traballos decorativos para teatro, logo pintou ''Vistas de Venecia'', que son hoxe moi buscadas. Utilizaba con proveito grande a [[cámara escura]] na composición dos seus cadros. Boa parte das súas obras eran vendidas a ingleses que facían o [[Grand Tour]], de modo que unha gran parte da súa produción consérvase en mans da Casa Real británica. Inspirouse nas vedute de [[Giovanni Antonio Panini]], distinguíndose polo axustado dos seus efectos e pola transparencia dos seus fondos e ceos.
 
En [[1746]], Canaletto instalouse en [[Londres]], onde pintou numerosas panorámicas inglesas, mais seguíu aínda a realizar vistas da súa Venecia natal, a partir de deseños preparados que levara consigo desde [[Italia]].