Diferenzas entre revisións de «Cultura castrexa»

m
Arranxos varios, replaced: Idade do Bronce → Idade de Bronce (3)
m (Arranxos varios, replaced: Idade do Bronce → Idade de Bronce (3))
{{Historia Galega}}
A '''cultura castrexa''' foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da [[Península Ibérica]] que durou desde finais da [[Idade dode Bronce]] (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como [[castro (poboado)|castros]] (do latín ''castrum'', campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de [[citania]]s determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos [[Río Navia|Navia]] e [[Río Túa|Túa]] polo leste e o [[Río Douro|Douro]] polo sur.
 
Desenvolveuse durante a [[Idade do Ferro]] sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade dode Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente [[celtas]] e de aí a identificación tanto culta como popular e mítica que deu raíz ao [[celtismo]]. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara ao interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura [[Imperio romano|romana]] no século II a.C. e continuou na forma de [[Gallaecia|Cultura Galaico-romana]] despois da [[Romanización de Galicia|invasión romana]] e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.
 
== Fases ==
Existe un certo equilibrio social entre os homes e as mulleres, pois estas posuían as terras, pero os homes poderían ter outro tipo de riquezas, como o gando. Este equilibrio desaparece no mundo político, xa que nel toda a autoridade está nas mans dos homes. A sociedade castrexa era [[matrilineal]], pero [[patriarcal]].
 
Esta sociedade podería describirse como unha estrutura formada por unha serie de círculos concéntricos nos que se situarían unha serie de grupos sociais seguindo o número de membros:
 
* '''A unidade social inferior debeu ser o ''[[clan]]'''''. Os seus membros, que terían un antepasado común, consideraríanse da mesma familia. Non vivirían no mesmo castro, senón dispersos en [[subclans]], pero serían solidarios entre si.
 
* '''A seguinte en rango sería a ''[[centuria]]''''', unidade político-militar. Cada centuria tiña un xefe, ao que os romanos chamarían ''[[princeps]]'', cuxo cargo era hereditario por vía masculina. É unha sociación só de homes. Os seus membros non están vinculados por lazos de sangue. Cada unha destas organizacións posuía cultos e deuses propios e quizais un territorio.
 
* '''Varias centurias agrúpanse formando un ''[[populus]]''''', unidade que posúe límites territoriais claramente definidos. Ademais, dispón dunha capital, denominada ''[[romu]]'' polos romanos. En primeiro, é posíbel que non fosen entidades de poboación importantes, senón simples lugares de encontro, nos que se intercambiaban produtos e establecíanse pactos familiares de tipo matrimonial e alianzas políticas. O ''populus'' non tivo unha autonomía política definida, pero as centurias que o compoñían actuaban solidariamente nos casos de confrontacións armadas.
 
A práctica da caza foi escasa, estando documentada a caza de [[Porco bravo|porcos bravos]] e de [[cervo]]s. Así mesmo, practicaron o [[marisqueo]] (actividade característica dos castros costeiros, tendo unha grande importancia) e a [[pesca]], tanto á beira (con redes ou anzois) como desde embarcacións, como demostra o achado de dúas piraguas da época castrexa no [[río Limia]], preto de [[Lanheses]], feitas en madeira de [[carballo (árbore)|carballo]] (''Quercus robur'' L.) entre os séculos IV e II a.C.<ref>Francisco Alves e Eric Rieth, [http://portal.ipvc.pt/images/ipvc/ipvc/pdf/pirogas_completo_p.pdf As pirogas 4 e 5 do rio Lima], Centro Nacional de Arqueologia Náutica e Subaquática, Ministério da Cultura {{Pt}}.</ref>.
 
Existían a minaría (ouro, estaño, cobre, chumbo e ferro), a metalurxia e unha cerámica rexional, a [[cerámica castrexa]]. A [[ourivaría]] ten raíces na Idade dode Bronce e foi recibindo influencias centroeuropeas e mediterráneas. As alfaias máis características son os torques, as braceiras e as [[arracada]]s. A escultura deuse máis ben na parte sur do territorio. De entre as armas destacan as espadas ou puñais "de antenas".
 
No que toca ao comercio, a nivel interior intercambiábanse metais, cerámica, mariscos e é posíbel que se utilizase (se damos creto a [[Estrabón]]) un certo tipo de moeda, consistente en pezas recortadas en [[prata]]. No apartado do comercio exterior, exportáronse metais ao sur da [[Península Ibérica]], importándose cerámicas de luxo, contas de vidro e outros obxectos de valor.
 
* '''Guerreiros''': Atopáronse estas figuras en [[Portugal]], [[Ourense]] e [[Pontevedra]]. Contamos con algo máis de dúas ducias. Trátase da escultura de militares en parada. As hipóteses sobre a súa significación son moitas e diversas: podería tratarse de estatuas funerarias, honoríficas, heroes divinizados,...
 
* '''Cabezas humanas''': Apareceron en todo o noroeste peninsular. Coñecemos pouco máis de dúas ducias. Serían representacións de diferentes ''[[sub imagine]]'', como as que se facían no resto do [[Imperio Romano]].
 
* '''Cabezas zoomorfas''': Encontráronse en toda a zona sur do país. Na maioría dos casos non é doado saber que animal queren representar. Hai algunhas seguras de porcos e outras semellan ofidios, cans, cabras, touros ou ovellas. Poderían cumprir un papel protector do gando.
 
[[Ficheiro:Monumento con Forno 2 retouched.JPG|miniatura|200px|dereita|Habitáculo con forno (con moita probabilidade unha sauna) no [[castro de Punta dos Prados]] en [[Espasante, Ortigueira|Espasante]]. Non conserva a ''pedra formosa''.]]
* '''Sedentes''': Temos só catro pezas, aparecidas en [[Braga]], [[Xinzo de Limia]] (aquí apareceron dúas pezas), e Lanhoso. Eran representacións masculinas e tiñan unha función funeraria de tradición mediterránea.
* '''Figuras diversas''': Iconas, figuras femininas, estatuíñas,... que conservamos en grande cantidade e que apareceron por todo o territorio castrexo. Son de moitas e moi variadas interpretacións.
 
* '''Figuras diversas''': Iconas, figuras femininas, estatuíñas,... que conservamos en grande cantidade e que apareceron por todo o territorio castrexo. Son de moitas e moi variadas interpretacións.
 
* '''Decoracións arquitectónicas''': englobamos nesta sección case cincocentas pedras decoradas pertencentes a [[frisos]], ombreiras, padieiras, amarradoiros, remates circulares,... A súa decoración é moi sinxela: cordados, espirais, [[tríscele]]s, [[tetrasquel|tetrasqueis]], "SS" concentrados, oitos entrelazados, puntas de frecha,...
 
* '''"Pedras formosas"''': Son un tipo especial de decoración arquitectónica. Pertencen a uns edificios cunha estrutura e funcionalidade específicas: son pequenos, con [[distribución axial]], un forno extremo e a continuación unha cámara, logo unha antecámara e finalmente un recinto sen teito no que hai unha pía á que chega unha canle de auga. A chamada "pedra formosa" separa a cámara da antecámara. Estes edificios serían [[sauna]]s<ref>[http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13395 Un baño de vapor castrexo], culturagalega.org.</ref> ou baños de tipo romano, o que indica que puideran ser posteriores á [[Romanización de Galicia|romanización]].
 
Poñendo en relación a relixión castrexa con outras célticas e indoeuropeas, podemos agrupar estas divindades en tres clases:
 
* '''Divindades da primeira función''': Eran as posuidoras da soberanía e do poder nun dobre aspecto máxico e xurídico. Entre elas, destaca un deus castrexo, coñecido só coa advocación romana de [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]], que recibía culto no cumio dos montes; e en cada montaña (que adquiría un carácter sagrado) o deus recibía un epíteto propio.
 
* '''Deuses da guerra ou da segunda función''': Este tipo englobaría o grupo que forma o deus [[Cosus]] baixo as distintas advocacións locais. A este grupo debeu render culto a [[aristocracia]] militar. Son deuses guerreiros que actúan non dun xeito racional, senón impulsados unha especie de furor ou [[loucura]] guerreira. Combaten individualmente, non en grupo, e utilizan os berros e outros medios de carácter simbólico coa finalidade de paralizar o inimigo. Caracterízanse polas súas malas relacións cos deuses soberanos e cos membros da "terceira función".Por exemplo, o ''[[Mars Tillenus]]'' sería adorado no [[Monte Teleno]].
 
* [http://www.fillos.org/galicia/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=828 Breve glosario dun posible idioma celta galaico.]
* [http://culturaedeporte.xunta.es/programas/programa.php?id=programa_59&lg=gal Protección dos xacementos megalíticos.]
* [http://www.calameo.com/books/001292957d04ee420da9a. André Pena Graña. ''Treba y Territorio'' (USC 2004)]
 
{{Arquitectura Prehistórica de Galicia}}
393.002

edicións