Giovanni Antonio Canal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: '''Giovanni Antonio Canal''' (7 de outubro de 1697 - 19 abril de 1768), máis coñecido como '''Canaletto''', foi un pintor veneciano, famoso polas súas vi...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de xuño de 2007 ás 22:21

Giovanni Antonio Canal (7 de outubro de 1697 - 19 abril de 1768), máis coñecido como Canaletto, foi un pintor veneciano, famoso polas súas vistas panorámicas (vedute) de Venecia. Eran as postais da época, para aqueles que puidesen adquirilas. Fillo do pintor Bernardo Canal, de aí lle veu o diminutivo de Canaletto.

Foi exitoso primeiro polos seus traballos decorativos para teatro, logo pintou Vistas de Venecia, que son hoxe moi buscadas. Utilizaba con proveito grande a cámara escura na composición dos seus cadros. Boa parte das súas obras eran vendidas a ingleses que facían o Grand Tour, de modo que unha gran parte da súa produción consérvase en mans da Casa Real británica. Inspirouse nas vedute de Panini, distinguíndose polo axustado dos seus efectos e pola transparencia dos seus fondos e ceos.

En 1746, Canaletto instalouse en Londres, onde pintou numerosas panorámicas inglesas, mais seguíu aínda a realizar vistas da súa Venecia natal, a partir de deseños preparados que levara consigo desde Italia.

No 1753, tornou para Venecia. Dez anos despois foi posta ao seu cargo a cátedra de Perspectiva na Academia de Belas Artes, por vdesignio do director da institución, o tamén pintor Giambattista Tiepolo. Os lenzos dos seus derradeiros anos foron criticados pola utilización repetida de temas, que antes foran a base do seu éxito.

Da súa obra admíranse, sobretodo, as súas vistas do Palacio Ducal e da Praza de San Marcos. Unha colección das vedute foron editadas ao gravado na súa cidade, en 1742.


En 1746, Canaletto s'installa plus particulièrement à Londres, où il peignit nombre de panoramas anglais, mais continua aussi à réaliser des vues de Venise, à partir de dessins préparatoires qu'il avait apporté d'Italie.

En 1753, il rentre à Venise. En 1763, il est chargé de la chaire de Perspective à l'Académie des Beaux-Arts par le directeur de l'institution . Les toiles de ses dernières années seront critiquées pour l'utilisation répétée des thèmes qui firent son succès.