Grupo Galaico de Arte Rupestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Idade do Bronce +Idade de Bronce)
Liña 7:
O conxunto de petróglifos galegos é un dos máis ricos e peculiares dentro do marco europeo e incluso mundial<ref name=Gran_historia_de_Galicia>CAAMAÑO GESTO, José Manuel: "A Gran historia de Galicia. Prehistoria de Galicia. Volume 2: O Calcolítico e a Idade de Bronce". ISBN 978-84-96931-02-2.</ref>. Os petróglifos Grupo Galaico de Arte Rupestre están realizados sobre [[granito]], agás os máis primitivos, que están gravadas sobre [[lousa]], e en [[Sarria]] e [[Samos]] sobre [[xisto]]. Non se sabe se esta foi unha escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese motivo chegaron ata os nosos días. Os petróglifos galegos presentan unha elevada [[erosión]] e, en ocasións, son difíciles de observar.
 
Os conxuntos de petróglifos sitúanse nas abas das serras, e en ocasións atópanse rodeando [[Braña (terreo)|brañas]] e cubetas, así como nas liñas de tránsito que comunican estas zonas cos lugares onde se atopan os poboados, como demarcando un territorio. Durante a [[Idade dode Bronce]] os poboados eran establecidos en zonas con fácil acceso á [[auga]]. Nas sociedades prehistóricas a arte sempre estivo relacionada con actividades de carácter ritual e relixioso, é dicir, que ademais de servir como marca territorial, os petróglifos puideron funcionar como lugares de agregación de guerreiros e como indicadores de sitios cunha especial carga simbólica.
 
== Cronoloxía ==
Liña 13:
 
* [[Neolítico]] (IV e III milenios a.C.).
* Idade dode Bronce (II milenio).
* [[Idade de Ferro]] (I milenio a.C. até o [[século III]] d.C.).
 
Tradicionalmente os petróglifos galegos foron datados na Idade dode Bronce, aínda que algúns investigadores cínguena ao cambio do III ao II milenio, no inicio da Idade de Bronce.<ref>Os petroglifos galegos</ref> Nalgúns casos aparecen gravados de datacións posteriores mesturados cos existentes anteriormente, nalgunhas ocasións perseguindo a finalidade de cristianizar os símbolos considerados pagáns, a imaxe do que sucedeu con moitos [[Castro (poboado)|castros]] nos que se erixiron ermidas, igrexas ou cruceiros no lugar que ocupaban como proceso de [[cristianismo|cristianización]] de lugares que eran obxecto de [[lenda]]s (cos mouros de protagonistas na súa maioría) e cultos pagáns por parte do pobo.
 
== Temática ==
Liña 30:
As representacións xeométricas ou abstractas son as máis abondosas, con exemplos coma os círculos concéntricos, deseños labirínticos (salientando os [[Labirintos de Mogor]]), deseños reticulados, espirais, puntos e [[coviña]]s. Todas estas representación posúen un significado [[Simbolismo|simbólico]], aínda que é difícil interpretar o auténtico significado.
 
Os petróglifos non reflecten a vida cotiá das persoas que os gravaron. As comunidades da Idade dode Bronce practicaban a [[agricultura]] e a [[gandaría]] como base da súa subsistencia, mais nos gravados os únicos temas representados son os relacionados coa [[cinexética|caza]] e a [[guerra]]. Supoñemos que os petróglifos estaban relacionados coas actividades que, posibelmente, a sociedade da Idade dode Bronce consideraba máis prestixiosas. Nas escenas cinexéticas o único animal cazado é o cervo. Isto pode estar relacionado coa importancia simbólica que este animal debeu posuír. No mundo imaxinario destas comunidades a caza parece ser algo máis ca unha función lúdica ou subministradora de alimento e probablemente tería un forte contido ritual ou iniciático.
 
== Estacións arqueolóxicas ==