Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Idade do Bronce +Idade de Bronce)
Liña 108:
{{Artigo principal|Segundo Período Intermedio}}
[[Ficheiro:Ancient Egypt old and middle kingdom-es.svg|miniatura|Antigo Exipto, o Imperio Medio e os hicsos.]]
Ao redor do [[-1650|1650 a.C.]], mentres o poder dos faraóns do [[Imperio Medio]] se debilitaba, os inmigrantes asiáticos residentes na cidade do Delta Oriental, [[Avaris]], apoderáronse da rexión e forzaron o goberno central a retirarse a Tebas, onde o faraón era tratado como [[vasalo]] de quén se esperaba un [[tributo]].<ref name="Ryholt310">Ryholt (1997) páx. 310</ref> Os hicsos ("gobernantes de terras estranxeiras"), imitaron os modelos exipcios de goberno e retratábanse eles mesmos como faraóns, integrando así elementos exipcios na súa cultura da [[Idade dode Bronce#Bronce Medio|Idade dode Bronce Medio]].<ref>Shaw (2002) pàg. 189</ref>
 
Tras a súa retirada, os reis de Tebas atopáronse eles mesmos atrapados entre os Hicsos ao norte e os aliados Nubios dos Hicsos, os [[Kush|etíopes]], ao sur. Despois de cen anos de tenue calma, non foi ata o 1555 a.C. que as forzas tebanas conseguiron suficiente forza como para enfrontarse aos [[hicsos]] nun conflito que duraría máis de trinta anos.<ref name="Ryholt310"/> Os faraóns [[Seqenenre Taa II|Taa II]] e [[Kamés]] lograron finalmente derrotar aos nubios, pero foi o sucesor de Kamés, [[Amosis I]], quen emprendeu vitoriosamente unha serie de campañas que erradicarón permanentemente a presenza hicsa en Exipto. No Imperio novo que seguiu, o exército converteuse nunha prioridade central para os faraóns que buscaban estender as fronteiras exipcias e asegurar o seu dominio completo do [[Oriente Próximo]].<ref>Shaw (2002) pàg. 224</ref>