Xosé de Nazaret: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Biblia en galego
Isili0n (conversa | contribucións)
*Atisbar > enxergar, albiscar.
Liña 56:
Santiago, o irmán de Xesús, asumirá a xefatura da Igrexa de Xerusalén ou Igrexa nai. Isto pode reflectir unha mentalidade clánica tipicamente galilea onde, tras o pasamento do líder familiar, o seu irmán subseguinte pasa a ocupar a xefatura tribal. Deste xeito, a estirpe de Xosé pasaría a ser a cabeceira da primeira comunidade cristiá local, moi arraigada nun xudaísmo estrito a teor da carta atribuída a Santiago e incluída no [[Novo Testamento]] e as relacións con [[Paulo de Tarso]] das que este autor se fai eco. Santiago, a quen [[Flavio Xosefo]] tamén menciona referíndose a el como irmán de Xesús, foi axustizado polo sumo sacerdote [[saduceo]] Anás ben Anás.
 
Dos outros fillos Simón e Xosé, nada se sabe, pero si da descendencia de Xudas, a quen o emperador [[Domiciano]] fixo comparecer no seu intento por extirpar todo atisboindicio de movemento revolucionario xudeu. Estes descendentes (bisnetos de Xosé e sobriños netos de Xesús) foron despedidos sen cargos como uns inofensivos aldeás nazarenos<ref>Eusebio de Cesarea, Historia Eclesiástica 3:20, 1-6)</ref>. Xulio o Africano, nunha data tan avanzada como o século III fala de que en Nazareth aínda ficaban habitantes que se dicían familiares do "mestre"<ref>Geza Vermes, ''El Nacimiento de Jesús, opus cit''. pax. 66,</ref>. Isto nun clima hostil contra os cristiáns tanto dentro do xudaísmo como por parte do [[Imperio Romano]].
 
== Veneración ==