Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *conciertos
Isili0n (conversa | contribucións)
*Apaciguar > pacificar ou calmar.
Liña 9:
Creado ao principio do século XVIII polo italiano [[Bartolomeo Cristofori]] en Florencia (Italia), sobre o nome «piano-forte», o piano nace da evolución dun instrumento chamado ''[[clavicordio]]'' (século XV) e do ''timpanon'' (Idade Media).
 
A data de fabricación do primeiro piano forte por Bartolomeo Cristofori é incerta, pero un inventario realizado polos mecenas de Cristofori, a familia [[MédicisMedici|Medicis]], indica a existencia dun instrumento de Cristofori en 1700. Cristofori non tería construído máis que unha vintena de piano-fortes antes da súa morte en 1731. Non quedan máis que tres hoxe en día, que datan dos anos 1720. O máis antigo dos mesmos atópase no Museo Metropolitano de Arte de Nova York.
 
Como instrumento de corda con teclado, o piano é semellante ao clavicordio, dende o punto de vista organolóxico, e ao clavecín, en termos estético-musicais. Estes tres instrumentos diferéncianse nos seus mecanismos de produción do son. Nun clavecín, as cordas son pulsadas por plectros. Nun clavicordio, as cordas son percutidas por pequenas púas de metal (tanxentes) que continúan en contacto coa corda ata que se deixa de premer a tecla. Nun piano, as teclas son percutidas por mazos, que rebotan inmediatamente deixando á corda vibrar libremente.
Liña 15:
O gran éxito de Cristofori foi atopar a solución, sen exemplos previos, ao problema fundamental mecánico do deseño do piano: o mazo de madeira cuberto de coiro debía golpear a corda, pero non permanecer en contacto con ela porque amortiguaba o son, como ocacontecía coas tanxentes que se mantiñan en contacto coas cordas do clavicordio. Por outra banda, o mazo debía volver á súa posición de descanso sen rebotar violentamente e, a ser posible, debía permitir repetir unha nota rápidamente. O mecanismo de percusión de Cristofori servíu como modelo para os numerosos enfoques diferentes para as accións de piano posteriores. Se ben os primeiros instrumentos de Cristofori fixéronse con cordas delgadas e foron moito máis silenciosos que o piano moderno, en comparación co clavicordio (o único instrumento de teclado anterior capaz de controlar minimamente os matices dinámicos a través do teclado) foron considerablemente máis fortes e podían manter mellor a potencia do son.
 
O piano non tiña un son estridente e metálico como o clavicordio ou o clave, senón que era un son moito máis suave e sostido. Ademais, os mazos estaban dotados dun sistema de escape mediante o cal era posible variar tanto o volume como o ton do son. Con el incrementábase notablemente a capacidade expresiva musical do instrumento, xa que ademais de producir un determinado son sempre ao mesmo volume e ton, como acontecía cos instrumentos antecesores, era posible producir sons con máis ou menos volume que outros e producir unha moi lixiera variación tonal. Todo isto dependía da forma de executar o teclado do piano: con movementos rápidos e bruscos das teclas producíanse sons de gran volume e brillantes; e con movementos lentos e apaciguadospacificados xerábanse sons de menor volume e cun tono máis doce.
 
Cristofori chamouno ''gravicembalo col piano e forte''. Este nome facía referencia á capacidade do instrumento de producir sons con diferentes intensidades, dependendo da presión exercida sobre as teclas: se apretabas forte o son era maior e se apretabas máis suavemente o son era menor; de aquí ven o nome que lle puxo inicialmente, ''pianoforte'' (derivado do italiano: ''piano'': suave e ''forte'': forte).