Pene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Patoloxías: arranxiños en cita
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna a unha entrada de nova creación.
Liña 20:
O [[aparato reprodutor masculino|aparato xenital masculino]] consta dun órgano par, o [[testículo]], no que se producen os [[espermatozoide]]s, e dunha longa serie de vías que transportan os espermatozoides por medio do [[Seme|líquido espermático]] dende o testículo ata o meato, situado no extremo do pene. Os testículos, en número de dous, alóxanse en sendas bolsas cutáneas exteriores ao abdome, chamadas [[escroto]]s. Deles parten os [[conduto deferente|condutos deferentes]], que finalizan ao unirse ao conduto excretor das [[vesícula seminal|vesículas seminais]] para constituíren o conduto exaculador. Dito conduto exaculador desemboca na [[uretra]] ao atravesaren a [[próstata]]. A uretra transporta o líquido espermático e a [[urina]] ata o extremo do pene, onde son expulsados ao exterior.<ref>{{cita libro| autor =JACOB, S.| url=http://books.google.com/books?id=s1QwAnFVpfQC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Atlas de anatomía humana| ano =2002| publicación =Elsevier España| id = ISBN 84-8174-653-3}} {{es}}</ref>
 
O pene consta dun segmento cilindroideo ou parte libre, que está pendurado por diante das bolsas do escroto, e dunha raíz suxeita ás [[rama isquiopubiana|ramas isquiopubianas]] e ao [[perineo]]. Estruturalmente o armazón fundamental do pene está constituído polos seus tres corpos eréctiles: dous corpos cavernosos e un [[corpo esponxoso]].
 
Cada un dos corpos cavernosos é unha formación cilíndrica afiada polos seus extremos. Na parte libre do pene os corpos cavernosos discorren xuntos polo seu dorso ata que, ao chegaren á raíz, diverxen, aplicándose cada un deles á correspondente rama isquiopubiana, á cal quedan suxeitos polo correspondente [[músculo isquio-cavernoso]]. O corpo esponxoso é un longo cilindro cuxa metade anterior se incorpora á parte libre do pene, onde queda en posición ventral e entre os dous corpos cavernosos, mentres que a metade posterior se dispón ao longo da liña media do perineo anterior. O seu extremo posterior constitúe o bulbo esponxoso. No extremo contrario, o corpo esponxoso expándese en sentido dorso-lateral para constituír a [[glande]] ou bálano, de forma sensiblemente cónica en cuxo vértice se atopa o meato. A glande presenta unha falla ventral en forma de escote angular.<ref name="santosgutierrez">{{cita libro| autor =SANTOS GUTIÉRREZ, L.| url=http://books.google.com/books?id=FFFh9IVj1R4C&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false |título=Síntesis de anatomía humana | ano =1998| publicación =Universidad de Salamanca | id = ISBN 84-7481-879-6}} {{es}}</ref>