Diferenzas entre revisións de «Aparato reprodutor masculino»

Engadiuse unha ligazón interna á palabra "glande", de nova creación.
m (Arranxos varios using AWB)
(Engadiuse unha ligazón interna á palabra "glande", de nova creación.)
[[Ficheiro:Gray1144.png|miniatura|dereita|300px|Aparato xenital masculino no que se retirou a parede anterior do escroto e o pene foi colocado para arriba.]]
[[Ficheiro:Gray1152.png|miniatura|dereita|300px| Imaxe na que se ven as vesículas seminais, próstata, vexiga urinaria e o conduto deferente coa ampola.]]
O '''aparato reprodutor masculino''' está formado polos órganos xenitais situados na [[pelve]] masculina. No aparato reprodutor fórmanse os [[gameto]]s masculinos e outras [[secreción]]s que forman parte do [[seme]], que o aparato reprodutor masculino depositará no feminino para que se produza a fecundación, e produce algunhas [[hormona]]s (principalmente [[testosterona]]). Está constituído polos [[testículo]]s coas súas cubertas, o epidídimo e os condutos que conectan coa uretra, diversas glándulas ([[próstata]], [[vesícula seminal|vesículas seminais]], [[glándula bulbouretral|glándulas bulbouretrais]]), e os órganos xenitais externos, que son o [[pene]] e o [[escroto]].<ref>E. P. Salomon, C. A. Villee, P. W. Davis. Biología. 1987. Interamericana. Páxinas 1040-1042. ISBN 968-25-1225-5</ref><ref name="A">Gerard J. Tortora, Bryan Derrickson: Principios de anatomía y fisiología, 11ª edición, Editorial médica panamericana, 2006, ISBN 968-7988-77-0.</ref>
 
==Órganos externos==
As únicas partes dos órganos xenitais masculinos que se poden ver desde o exterior son o escroto e o pene <ref name="Anat">G. J. Romanes. Cunninham Tratado de Anatomía. Interamericana-Mc Graw Hill. 12ª edición. Páxinas 585-600. ISBN 84-7605-359-2.</ref>.
* '''[[Escroto]]'''. É un saco de pel no que se encontran os testículos. Interiormente está dividido por un tabique en dúas metades ou cámaras, unha para cada testículo. Pode contraerse e achegarse máis ao corpo ou relaxarse e formar un saco pendurado, o que coloca os testículos máis ou menos preto da calor corporal para que teñan a temperatura axeitada, que debe ser algo inferior á do corpo. Isto é posible porque o escroto ten capas de [[músculo liso]]. A fascia muscular do dartos continúase con fascias do pene e superficiais do abdome, e fibras do dartos chegan ao tabique do escroto. A pel do escroto é máis escura ca a do corpo e na liña media ten unha crista chamada rafe, e ten pelos. O escroto ten varias capas. A pel, a fascia superficial e o dartos son comúns a todo escroto, e cada unha das dúas cámaras do escroto están revestidas polas túnicas vaxinal, fascia espermática interna, músculo cremáster e fascia cremastérica e a fascia cremastérica externa.
* '''[[Pene]]'''. O pene é o órgano copulador atravesado pola [[uretra]], que non pasa polo seu centro senón pola parte inferior. O pene está formado principalmente por tecido eréctil chamado tecido cavernoso, con moitos vasos sanguíneos, que ao encherse de sangue provocan a erección. Divídese en raíz (no interior da pelve), corpo do pene e [[glande]] (no extremo). No interior hai tres columnas de tecido eréctil; na parte superior e central hai dúas, que forman os corpos cavernosos, rodeado por unha cápsula fibrosa, e a terceira é máis inferior e pequena e forma o corpo esponxoso atravesado pola uretra. No corpo do pene os corpos cavernosos e esponxoso van xuntos, pero sepáranse na raíz, e o esponxoso forma na raíz un engrosamento chamado bulbo do pene. Na parte superior central do pene, sobre os corpos cavernosos, cursan arterias e veas. A glande do pene é o engrosamento do seu extremo, formado polo corpo esponxoso, onde se abre a uretra ao exterior polo orificio uretral externo. A glande está cuberta por un pregamento da pel chamado prepucio, que é libre e pode retraerse, descubrindo a glande. Debaixo do prepucio acumúlase unha secreción chamada [[esmegma]]. O pene está sostido por dous ligamentos, o ligamento suspensorio do pene e o ligamento fundiforme.
 
==Órganos internos==
22.457

edicións