Modesto Brocos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 26:
Era irmán do escultor [[Isidoro Brocos y Gómez]], profesor da [[Academia de Belas Artes]] da [[A Coruña|Coruña]]. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida na [[Arxentina]], mais dous anos despois estaba en [[Brasil]] ilustrando o semanario ''O Mequetrefe'', de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do [[xilogravado]] aplicándoa nas súas ilustracións.
 
EmEn [[1875]], inscribiuse como alumno libre na [[Academia Imperial de Belas Artes]], onde recibiu clases de [[Vítor Meireles]] e [[Zeferino da Costa]].
[[Ficheiro:Brocos-engenho.jpg|miniatura|250px|dereita|''Engenho de mandioca'' ([[Muíño]] de [[mandioca]]), [[1892]].]]
De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a [[París]], onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán [[Henri Lehmann]]. Incontento, marchou a [[Madrid]], regresando ó pouco a París e despois marchando a [[Roma]], onde encontrou ó seu protector, o artista español [[Pradilla]]. Frecuentou durante cinco anos a [[Academia Chigi]] ata [[1890]]. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do ''Salon'' parisino. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de [[Rodolfo Bernardelli]], daquela director da [[Escola Nacional de Belas Artes]], sucesora da vella Academia Imperial.