Connecticut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m (GR) File:USS Connecticut BB-18.jpgFile:USS Connecticut - NH 73318.jpg higher resolution version of the same image
Liña 80:
 
Connecticut apoiou activamente a Unión durante a [[Guerra Civil Estadounidense]]. Máis de 50 mil homes de Connecticut uníronse á tropas da Unión. A guerra acelerou aínda máis o proceso de industrialización de Connecticut. Isto, unido ao pequeno tamaño do Estado, fixo que logo da guerra a industria superase á agricultura como principal fonte de renda do Estado, e acelerou o proceso de migración poboacional dos campos cara ás cidades. Durante a década de 1870, máis da metade da poboación de Connecticut vivía en cidades. Durante as décadas finais do século XIX e o inicio do [[século XX]], gran número de inmigrantes, principalmente [[Alemaña|alemáns]], [[Irlanda|irlandeses]] e [[Italia|italianos]], instaláronse en Connecticut. A maior parte destes novos habitantes fixérono nas cidades. Ao final da década de 1900, máis da metade da poboación de Connecticut vivía en cidades, e preto de 30% da poboación do Estado nacera fora do país.
[[Ficheiro:USS Connecticut BB-18 NH 73318.jpg|250px|dereita|miniatura|''USS Connecticut'' (BB-18).]]
En [[1910]], New London pasou a ser sede da [[Gardacostas dos Estados Unidos|Garda Costeira dos Estados Unidos]], ata entón situada en [[Maryland]] e en [[Massachusetts]]. A [[Armada dos Estados Unidos|armada]] americana fundou unha base en [[Groton, Connecticut|Groton]], en [[1917]]. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]], diversas fábricas de armamentos foron construídas no Estado.