Adrenalina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Trátase dun [[neurotransmisor]] da familia das [[catecolamina]]s secretada en situacións de alerta polas cápsulas das glándulas suprarrenais e que actúa sobre o [[metabolismo]], o [[Sistema nervioso|sistema nervioso central]] e os aparatos circulatorio e respiratorio. Prepara o [[ser vivo|organismo]] para grandes esforzos físicos, estimula o [[corazón]], eleva a tensión central, relaxa certos músculos e contrae outros.
 
A adrenalina deriva da [[fenilalanina]] ou da [[tirosina]]. A L-fenilalanina convértese en L-tirosina por acción da tetrahidrobiopterina e o cofactor [[NADH]]. Á súa vez, a tirosina convértese en [[L-DOPA]] e esta en [[dopamina]] por acción da L-aminoácido descarboxilase. A dopamina transfórmase en [[noradrenalina]] por acción da dopamina β-hidroxilase. Finalmente, a noradrenalina é convertida en adrenalina por mor da feniletanolamina N-metil transferasatransferase ([[PNMT]]). Estas reaccións ocorren nas [[Célula cromafín|células cromafíns]] da [[medula suprarrenal]].
 
A adrenalina libérase cando hai estímulos de estrés, que son mediados por unha [[neurona]] acetilcolinérxica preganglionar. A liberación de [[acetilcolina]] aumenta a cantidade de ions de [[calcio]] intracelular, o que estimula a exocitose e a liberación dos gránulos cromafíns.
 
O funcionamento deste eixo está regulado polo [[sistema nervioso central]] e polos [[Corticosteroide|corticosteroides]] sintetizados na [[córtex suprarrenal]]. Os corticoides estimulan a feniletanolamina N-metiltransferasametiltransferase (PNMT).
 
A adrenalina liberada estimula os receptores alfa dos [[hepatocito]]s, incrementando os niveis de [[glicosa]] en [[sangue]]. Tamén actúan sobre receptores α de células de [[músculo liso]] dos vasos sanguíneos e dos [[pericito]]s, provocando a contracción muscular e o aumento da [[tensión arterial]].