Quino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
*Estreitez > estreitura ou estreiteza.
Liña 15:
Os protagonistas adoitan ser xente normal facendo a súa vida, aínda que Quino non renuncia a escenas [[surrealismo|surrealistas]] ou [[alegoría|alegóricas]] (como policías arroxando [[Diazepam|valium]] nas bocas abertas de manifestantes) e ás reaccións [[caricatura|caricaturescas]].
 
Así, aínda que Mafalda aparenta ser unha tira máis con protagonista infantil, os seus contenidos adoitan ser máis cercanospróximos e á vez adultos que outras tiras similares. Destaca, por exemplo, a preocupación de Mafalda pola política mundial, ou a obsesión de Manolito cos cartos. Malia todo, estes personaxes aínda poden ser vistos polos lectores como nenos reais con pais reais, e non como "adultos en corpos de neno".
 
O humor de Quino é tipicamente ácido e mesmo cínico, afondando con frecuencia na miseria e o absurdo da condición humana, sen límites de clase. Así, fau ó lector enfrontarse á [[burocracia]], os erros da autoridade, as institucións inútiles, e a estreitezestreitura de miras. Acostuma usar as viñetas para enviar mensaxes de contido social ós lectores. Con frecuencia, os chistes buscan o sorriso como medio de enfrontarse á crúa realidade.
 
Este enfoque pesimista da realidade non impide que as historias estean cheas de ternura e amosen unha fonda simpatía polas inocentes víctimas da vida (empregados, nenos, amas de casa, pensionistas, escuros artistas...), sen ocultar os seus fallos e limitacións. Pero incluso nas súas caricaturas de xefes opresivos e burócratas sen sentimentos atísbase certa simpatía, por ser á súa vez víctimas da súa propia estupidez.