Jethro Tull: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
*Acortar > acurtar.
Liña 76:
A comezos de 1974 aparecen as primeiras noticias referentes á banda, que falaban dun novo proxecto de Ian enfocado cara o cine. En realidade tratábase de realizar unha película coa música do grupo xunto a unha orquestra sinfónica completa. O guión da película estaba xa escrito e trataba sobre a historia alegórica dunha rapaza que morre nun accidente e as súas experiencias no máis alá. Por desgraza, o tema non resultou atractivo para os produtores da película, que propuxeron a Anderson que lles cedese o control artístico do proxecto. O líder de Jethro Tull negouse, polo que todo quedou cancelado ó retirarse os produtores da película e non poder encontrar financiamento para o mesmo. Afortunadamente, o que sí se levou a cabo foi a realización dun novo álbum, co título de "War child". Este novo traballo retomaba o formato típico de temas individuais e de curta duración, en aras da facilidade para elixilos á hora de tocar en directo. A pesar de que o disco tíña un alto nivel de calidade, non é un dos mellores do grupo, razón pola cal resulta estraño que a crítica acollese o álbum con entusiasmo, quizais nunha estratexia de "reconciliación" coa banda, reconciliación que non se produciu na súa totalidade. En calquera caso, o certo é que "War child" é un dos discos menos coherentes do grupo, nos que o son afástase bastante das bases asentadas cos seus anteriores álbums, coa excepción de "A passion play".
 
En ámbolos dous discos, Ian Anderson atrévese co [[saxofón]], se ben o abandonaría posteriormente por razóns descoñecidas. Con todo, o mellor de "War child" foron, sen dúbida, os seus concertos en directo, dos cales escribiuse no seu momento que foron os mellores de toda a historia da banda, cheos de efectos visuais e sonoros, cun son impecable e unhas actuacións dos músicos moi dinámicas. NestosNestes concertos intervirían catro rapazas formando unha sección de corda e espidas de cintura para arriba. Respondían ós nomes de Elizabeth Edwards, Rita Eddowes e Helen, todas ó violín, e Katharine Thulborn ó violonchelo. Tamén participarían no seguinte disco da banda en estudio. Con todo, as actuacións de Jethro Tull en España, en 1974 (ano no que viñeron por primeira vez ó noso estado), non contaban con esta parte do espectáculo, prohibida pola censura, e as catro actuar ben cubertas.
 
"War child" publicouse en octubro de 1974, en metade dunha xigantesca xira que o grupo realizou polos Estados Unidos, Xapón, Australia, Europa etc. Alcanzou o nº 2 nas listas dos Estados Unidos e o nº 14 nas de Gran Bretaña, uns resultados similares ós de "A passion play", o "disco maldito" do grupo. Embriagados polo éxito dos seus concertos, cada vez máis fans acudían ós lugares nos que actuaban Jethro Tull para admirar as loucuras de Anderson sobre o escenario, a posta en escena da banda, o seu impecable son e, sobre todo, a un grupo que dende había varios anos pertencía á elite do rock. Como datos máis significativos, pódese dicir que na actuación da banda no Forum de [[Los Angeles]] víronlles en directo máis de cen mil persoas e que en Estados Unidos conseguiron que máis dun millón de fans asistisen ós seus concertos.
Liña 83:
 
=== O retorno triunfal (1975-1976) ===
A comezos do ano 1975, Ian Anderson consegue un dos seus obxectivos máis perseguidos: ter estudio de gravación propio para a banda. Trátase nada máis e nada menos que dos míticos Maison Rouge Studios, que ademais dun estudio fixo dispoñían doutro móbil. Nada mellor para estrenalos que embarcarse na gravación dun novo disco, así que durante os dous primeiros meses do ano concéntranse en gravar os temas para o seu próximo álbum, que sairía á venda en marzo co nome de "Minstrel in the gallery", a pesar de que nun principio íase titular "Tears in the eyes of the minstrel" (lágrimas nos ollos do xuglar). Un cambio de última hora, seguramente para acortaracurtar o nome e facelo máis accesible ó público en xeral, foi o responsable do título dun dos mellores discos de Jethro Tull en toda a súa carreira. O disco chegou ó nº 7 nos Estados Unidos e ó nº 20 en Gran Bretaña, resultados que poden parecer peores que os dos seus antecesores, pero que non o son tanto se temos en conta que a banda non actuou en directo ese ano para promocionar o disco.
 
Así pois, considerando esta falta de potenciación comercial, será máis fácil darse conta da magnitude de "Minstrel in the gallery", que ó longo dos anos seguintes se converteu no disco máis vendido de Jethro Tull tras "Aqualung" e "Thick as a brick". A razón deste éxito de vendas hai que buscala na conxunción da faceta acústica e medieval do grupo coa súa vertente máis rockera, de forma que hai temas que se aproximan en varias das súas partes moito ó rock duro. Referimonos, concretamente, á introdución da guitarra eléctrica de Martin Barre no tema que dá título ó disco, a parte rápida de "Cold wind to Valhalla" e as partes de guitarra eléctrica de "Black satin dancer". Esta enerxía contrasta coa delicadeza e fraxilidade doutras dúas pezas: "Requiem" e "One white duck". A faceta máis barroca e sinfónica de Jethro Tull tamén estaba presente en "Minstrel in the gallery", concretamente na longa suite "Baker street muse", que se subdividía á súa vez en catro partes e que recuperaba en certo modo o espírito da súa obra máis clásica e elaborada: "Thick as a brick". Igualmente, contribúe a potenciar esta faceta a inclusión do cuarteto de corda femenino xa mencionado anteriormente.