Nota musical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Uniformar.
Isili0n (conversa | contribucións)
*Acortar > acurtar.
Liña 15:
:que significa "Para que os teus servos poidan cantar as marabillas dos teus actos admirábeis, absolve as faltas dos seus beizos impuros".
 
Máis tarde, Ut foi substituído por Dó, por ser unha sílaba mais cantábel, e foi engadida a sílaba Si, como abreviación de '''S'''ante '''I'''ohannes (San Xoán). A sílaba Sol chegou a ser máis tarde acortadaacurtada para So, para uniformar todas as sílabas de modo a terminaren todas por unha vogal.
 
As sílabas ut, re, mi, fa, sol e la, chamadas voces, non correspondían a alturas absolutas na escala, mais apenas a graos nun [[hexacorde]]. A altura das notas era designada por letras de A a G. A partir dun treito escrito nun modo eclesiástico calquera, podíase traspolo dunha 4ª, 5ª ou 8ª sen modificar ningunha das voces sobre as cales o treito sería cantado. Unha secuencia re-mi-fa trasposta dunha 4ª continuaba a ser considerada re-mi-fa, na solmización, e non sol-la-si bemol como no sistema actual, malia que fose designada por G-A-Bb en vez de D-E-F. Máis tarde, nos países latinos, adoptouse a designación «Dó Re Mi Fa Sol La Si Dó» para representar «C D E F G A B C».