Colecistite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*contración -> contracción
Isili0n (conversa | contribucións)
Litíase é a forma que aparece no DRAG.
Liña 23:
}}
 
A '''colecistite '''é unha [[inflamación]] bacteriana ou química da [[vesícula biliar]]. Na súa presentación aguda, constitúe unha emerxencia médica, podendo evolucionar a [[peritonite]] e mesmo até á [[morte]]. Nun 95% dos casos está asociada a [[litiaseLitíase|litíases]]s, isto é, a pedras ou cálculos biliares.
Os individuos con máis risco de padeceren colecistite son as [[muller]]es en período fértil, persoas [[obesidade|obesas]] e individuos con idades comprendidas entre os corenta e os cincuenta anos. A dieta rica en [[graxa]]s é un factor de risco, así como tamén o son as perdas ou gaños de peso rápidas e máis a [[diabetes mellitus]].
 
Liña 39:
 
== Fisiopatoloxía ==
En máis do 90% dos casos a colecistite vén precedida dun cálculo ou pedra na vesícula biliar, [[doenza]] que recibe o nome de [[litiaselitíase biliar]]. A esta entidade dáselle o nome de litiaselitíase biliar. Ao obstruír o cálculo o paso da [[bile]], esta queda retida nas vías biliares, producindo unha distensión da parede biliar e [[edema]]. Esta situación clínica favorece a [[inflamación]] das vías biliares.
En casos leves, a inflamación das vías biliares provoca un aumento de espesor da parede. A serosa pode padecer pequenos [[sangue|sangrados]], tornándose dunha cor [[vermello|vermella]].
 
Este cadro non adoita evolucionar nin complicarse, xa que o cálculo pode ser eliminado simplemente cun aumento da hidratación. Porén, en casos complicados onde o cálculo obstrúe durante moito tempo a vía biliar, pódese producir [[isquemia]] e [[necrose]] da parede biliar, podendo dar lugar a [[doenza]]s máis graves como a [[peritonite]], que pode resultar mortal.
 
Aos episodios de colecistite que non veñen precedidos dunha litiaselitíase coñecéselles polo termo colecistite alitiásica. Esta é máis complexa de explicar, comprender, e até diagnosticar. As súas causas son fundamentalmente víricas ou bacterianas, producidas por organismos coma os [[virus Epstein-Bar]], a familia dos [[Herpesviridae|herpes]], ou bacterias coma [[Salmonella]], entre outras.
 
== Epidemioloxía ==
Liña 50:
Na actualidade, as idades con maior predominio son as etapas de maior auxe reprodutivo, isto é, entre os 20 e os 40 anos. Considéranse factores predispoñentes o feito de ser muller, por mor das hormonas estroxénicas. Estas hormonas aumentan o [[colesterol]], sobre todo as [[LDL|Lipoproteínas de Baixa Densidade]] (''LDL'', do [[lingua inglesa|inglés]] ''Low Density Lipoprotein'') e as [[VLDL|Lipoproteínas de Moi Baixa Densidade]] (''VLDL'', do [[lingua inglesa|inglés]] ''Very Low Density Lipoprotein''), mais tamén mingüan na vesícula biliar os [[sales biliares]] e os [[ácido biliar|ácidos biliares]]. Isto fai que sexa máis doado que se formen pedras na vesícula.
 
Polo mesmo factor hormonal, as mulleres que tiveron moitos embarazos considérase tamén factor de risco. No embarazo, as hormonas estroxénicas aumentan na muller. O sobrepeso e a obesidade, a [[diabetes]], e outras doenzas que alteran o equilibrio lipídico, son outros factores de risco para padecer litiaseslitíases e, polo tanto, son susceptíbeis de sufrir colecistite.
 
== Notas ==