Pene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Sigmoideo > sigmoide.
DRAG e arranxiños
Liña 2:
[[Ficheiro:Stone Phallus from the Roman Age Sexmuseum Amsterdam.jpg|miniatura|200px|dereita|Representación artística dun pene, época romana.]]
 
O '''pene''' é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas [[Sexo|sexuais]].<ref>{{DRAG|pene}}</ref> O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de '''[[falo]]'''. Intervén na expulsión do [[Seme|esperma]] e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos. É por tanto un órgano cunha función dupla: sexual e excretora.
 
Alén diso, e derivado da súa representación da masculinidade, o falo ten un significado simbólico a nivel [[Psicoloxía|psíquico]]. Do mesmo xeito o falo cobra significado en manifestacións [[Relixión|relixiosas]], [[Antropoloxía|antropolóxicas]] e [[cultura]]is.
Liña 51:
[[Ficheiro:Ejaculation Educational Demonstration.OGG|miniatura|Vídeo dunha exaculación]]
 
Para poder empregar o pene en actos de tipo sexual este debe estar en erección. A erección é produto da actividade rexistrada polos centros nerviosos superiores do [[cerebro]] (''erección psicóxena'') ou da estimulación da pel da rexión xenital (''erección reflexoxénica''). As febras nerviosas aferentes procedentes da rexión [[xenital]] esténdense polos [[nervio pudendo|nervios pudendos]] ata a a zona sacra da [[medula espiñal]]. Os impulsos no nervio cavernoso provocan a dilatación da arteria pudenda interna e das súas ramas principais.<ref name="pocock">{{cita libro| autor =POCOCK, G.
| títulourl =[http://books.google.com/books?id=OdkYwzh4800C&printsec=frontcover&dq=POCOCK&hl=es&ei=D-9RTPTaI5HQ4wbn-oixAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCoQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false|
| título = Fisiología humana: la base de la Medicina]| ano =2005| publicación =Elsevier España| id = ISBN 84-458-1479-6}} {{es}}</ref> A erección lógrase a través de dous mecanismos hidráulicos sinérxicos: por unha banda a ingurxitación dos corpos cavernosos do pene, a través da dilatación das arterias que o irrigan ao tempo que se contraen as vénulas correspondentes; por outra parte a compresión que exercen os [[músculo]]s isquiocavernosos contra o arco isquiático, que impide a drenaxe dos tecidos cavernosos. En definitiva, é a maior afluencia e menor evacuación de sangue o que fai cobrar volume e dureza ao pene.<ref>{{cita libro| autor =URROZ, C.| título url=[http://books.google.com/books?id=K25RmJ28OCQC&pg=PA6&dq=URROZ&hl=es&ei=ZO9RTPyWA8GA4Qb-2P2bAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CDMQ6AEwAg#v=onepage&q&f=false | título =Elementos de anatomía y fisiología animal]| ano =1991| publicación =EUNED| id = ISBN 9977-64-602-3}} {{es}}</ref>
 
Os nervios pudendos proporcionan respostas sensoriais que manteñen a erección durante a estimulación xenital, e que proveñen na súa meirande parte dos receptores táctiles cutáneos existentes na glande. A emisión e a exaculación son considerados os estadios finais do acto sexual masculino. Cando a estimulación sexual se fai moi intensa as contraccións rítmicas no conduto deferente e na ampola impulsan aos espermatozoides cara ao conduto exaculador, e a continuación segrégase líquido prostático e contráense as vesículas seminais. Este proceso chámase emisión. A exaculación é a expulsión do líquido ao exterior a través do pene. Durante a exaculación péchase o [[esfínter vesical]] para evitar a saída da urina da vesícula e o retroceso do seme, e prodúcense contraccións musculares que conducen o líquido seminal ao longo do pene. A exaculación adoita ir acompañada dunha sensación pracenteira chamada [[orgasmo]].<ref name="pocock"/> A exaculación prodúcese normalmente co pene en erección, pero tamén pode acontecer en semierección ou co pene en estado fláccido. Certos estados patolóxicos poden provocar que se produza un orgasmo sen exaculación ou unha exaculación sen orgasmo. Os orgasmos múltiples son excepcionais e sempre acontecen durante a [[adolescencia]] e en homes de ata 20 anos de idade, tras un período de aprendizaxe e adestramento no que aprenden a separar exaculación de orgasmo.<ref name="arrondo"/>
Liña 61 ⟶ 63:
Na [[cultura popular]] é habitual considerar que o tamaño do pene está relacionado coa masculinidade. Aínda así, non ten moita relación coa capacidade reprodutiva e sexual dun individuo, agás casos extremos.
 
Un estudo presentado no Congreso Nacional de Androloxía celebrado en [[Alacant]] no [[2001]] realizou medicións en 572 homes entre os 22 e os 75 anos de idade, cunha idade media de 53. A lonxitude media en flaccidez foi de 8,75&nbsp;cm; en extensión máxima de 12,43; e en rixidez de 13,58. Entre os homes estudados a lonxitude mínima en erección foi de 8,2&nbsp;cm e a máxima de 19,6. A circunferencia media do pene en erección foi de 11,25&nbsp;cm, cunha mínima medida de 7&nbsp;cm e unha máxima de 17&nbsp;cm. O tamaño do pene tamén varía ao longo da vida: aumenta de tamaño dende a puberdade ata os 20 anos, e diminúe ao longo da terceira idade.<ref name="arrondo">{{cita libro| autor =ARRONDO ARRONDO, J.L.| títulourl =[http://books.google.com/books?id=clfr69BXXIkC&printsec=frontcover&dq=ARRONDO&hl=es&ei=2KVUTL2iBY2F4Qb8_sWnBQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=2&ved=0CCsQ6AEwAQ#v=onepage&q&f=false | título =Historia íntima del pene. La nueva sexualidad masculina.]| ano =2006| publicación =Nau Llibres| id = ISBN 84-7642-810-3}} {{es}}</ref>
 
No [[desenvolvemento embrionario]], o órgano que no [[embrión]] de sexo masculino se converterá no pene é o equivalente ó que no embrión de sexo feminino se converterá no [[clítoris]]. Naqueles casos nos que se presenta algunha alteración durante tal desenvolvemento, é posible que o estado do neonato se corresponda co coñecido como [[hermafroditismo]], é dicir, que o seu pene ou o seu clítoris se atope en etapas intermedias na súa formación. Como consecuencia desta anomalía algúns individuos poden presentar, na idade adulta e independentemente do seu sexo [[hormona]]l, un pene excepcionalmente pequeno ou ben un clítoris excepcionalmente grande, alén doutras peculiaridades fisiomorfolóxicas.