Esófago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Isili0n (conversa | contribucións)
*Deglución > deglutición.
Liña 34:
* '''Mucosa''': é un [[epitelio]] estratificado (varias capas de células), non queratinizado, que recobre a luz do esófago na súa parte interna. Para facilitar a propulsión do alimento cara ao estómago, o epitelio está recuberto por unha fina capa de [[mucus]], formado polas glándulas cardiais e esofáxicas.
* '''Capa muscular''': está formada á súa vez por unha capa interna de [[célula muscular lisa|células musculares lisas]] concéntricas e outra capa externa de células musculares lonxitudinais, que cando se contraen forman ondas peristálticas que conducen o bolo alimenticio ao estómago.
* '''Esfínter esofáxico superior''': separa a farinxe do esófago. Está formado polo [[músculo cricofarínxeo]] que o adhire ao cricoide. Este [[músculo]] é un músculo [[músculo estriado|estriado]], é dicir, voluntario, que inicia a [[deglucióndeglutición]].
* '''Esfínter esofáxico inferior''': que separa o esófago do estómago. Realmente non é un [[esfínter]] anatómico, senón fisiolóxico, ao non existir ningunha estrutura de esfínter pero si posuír unha presión elevada cando se mide en repouso. Este esfínter diminúe o seu ton, normalmente elevado, en resposta a varios estímulos como:
** A chegada da onda peristáltica primaria.
Liña 41:
A presión elevada en repouso mantense tanto por contribucións de nervios como de músculos, mentres que a súa relaxación ocorre en resposta a factores neuroxénicos.
 
A súa función exclusivamente motora propulsa o bolo alimenticio a través do tórax no seu tránsito desde a boca ao estómago (non realiza funcións de absorción nin dixestión). Na fase involuntaria da deglucióndeglutición hai elevación do padal brando, obstrución da nasofarinxe e peche da [[glote]].
 
O paso do bolo á hipofarinxe produce relaxación do esfínter superior e inicio de ondas peristálticas primarias e secundarias no corpo do esófago (estimúlanse receptores mecánicos que activan reflexos específicos para que isto leve a cabo).