Larinxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
O Vocabulario de medicina de 2008 rexistra músculo tirohioide, non tirohioideo.
Isili0n (conversa | contribucións)
*Deglución > deglutición.
Liña 7:
}}
A '''larinxe''' é un tubo músculo-cartilaxinoso da parte superior do aparato respiratorio e órgano esencial na fonación. Forma parte do eixo visceral do [[pescozo]], localizada na liña media, por diante da [[farinxe]], de tal maneira que a parede posterior da larinxe está pegada á parte anterior do [[esófago]]. Os aneis [[Tecido cartilaxinoso|cartilaxinosos]] da larinxe mantéñena
sempre aberta, pero a estrutura péchase durante a deglucióndeglutición para evitar broncoaspiracións. Máis concretamente é unha cartilaxe larínxea denominada [[epiglote]] a encargada desta acción.
 
Esténdese dende a segunda ou terceira vértebra cervical ata a sexta, punto no que comeza a [[traquea]]. Mantense nesta posición debido a que está unida ó [[hioide]], á [[lingua]], á base do [[cranio]], á farinxe e a que se continúa coa traquea.