Abrir o menú principal

Cambios

*Microspora > micróspora.
* Como en todas as traqueófitas, hai dúas xeracións multicelulares alternadas, chamadas gametófito e esporófito, sendo o gametófito taloide, e o esporófito organizado en tecidos e órganos. Como en todas as espermatófitas, a [[alternancia de xeracións]] gametofítica e esporofítica dáse de xeito enmascarado, xa que o [[gametófito]] se desenvolve por completo dentro das estruturas do [[esporófito]].
* Como en todas as traqueófitas, o esporófito é un "cormo" (con sistema vascular, raíz e vástago). Como en todas as [[eufilófitas]], o vástago do esporófito medra grazas ó seu [[meristema]] apical, e ramifícase coma un talo principal con ramas laterais, e ademais ten follas ("eufilos").
* Como todas as espermatófitas, teñen un ciclo de vida heterospórico e o gametófito desenvólvese de xeito endospórico (isto quere dicir que o esporófito dá esporas femininas dentro das que se desenvolve o gametófito feminino, e esporas masculinas dentro das que se desenvolve o gametófito masculino), os esporanxios nacen sempre nas follas ("follas fértiles", os estames e os carpelos), e as follas fértiles sempre fican nunha estrutura chamada flor (aquí definida como unha rama de crecemento limitado portadora de follas fértiles). Como en todas as espermatófitas, o megasporanxio (presente no carpelo) produce unha única megaspora que nunca o abandona (megasporanxio + megaspora + gametófito feminino + gameta feminina = óvulo). Como en todas as espermatófitas, o microsporanxio (o saco polínico, presente no estame) produce no seu interior "grans de pole" (microsporas[[Micróspora|micrósporas]] cun único gametófito masculino dentro) que son ceibadas ó exterior agardando que os axentes externos os transporten a carón do óvulo. Como en todas as espermatófitas, o gran de pole cando é estimulado emite un tubo polínico para fecundar o óvulo.
# A flor de magnoliófita caracterízase por posuír un pedicelo que nace na axila de unha bráctea, que remata nun receptáculo portador dos verticilos ou espirais de sépalos, pétalos, estames e carpelos (nese orde). Os sépalos e pétalos son follas estériles non presentes no resto das espermatófitas. Polo xeral os '''sépalos''' son verdes e fotosintéticos, e teñen unha función de protección da flor cando aínda está en formación, mentres que os '''pétalos''' son vistosos e coloridos, e teñen unha función de atracción dos axentes polinizadores, case sempre animais. Xeralmente os '''estames''' constan dun filamento e unha [[antera]], e a antera posúe 4 microsporanxios (sacos polínicos) unidos por tecido conectivo. O [[gametófito]] masculino fica reducido a tres células (dúas son espermáticas e a terceira forma o [[tubo polínico]]). Polo xeral os '''carpelos''' son follas pechadas que manteñen os óvulos no seu interior, diferéncianse nunha superficie preparada para recibir o gran de pole chamada '''estigma''', unha gorxa ('''estilo''') preparada para facer medrar o tubo polínico cara ós óvulos, e unha cámara que contén os óvulos chamada '''ovario'''. O gametófito feminino ("[[saco embrionario]]") en xeral fica reducido a sete células. Os óvulos están unidos á parede do ovario cun tecido ás veces chamado "placenta", e o xeito de unión (ou "tipos de placentación") é útil para a determinación das familias. Non hai que confundir esta placentación coa placenta que une o embrión co gametófito feminino (característica de todas as embriófitas).
# Nas magnoliófitas prodúcese o fenómeno de [[dobre fecundación]]. Isto quere dicir que os dous núcleos espermáticos que ceiban o gran de pole fecundan o óvulo (producindo o cigoto que dará o futuro esporófito adulto) e o outro a unha célula diploide, producindo un tecido 3n (triploide) de reserva chamado '''endosperma'''.
10.308

edicións